viernes, agosto 31, 2007

UN ANO DE PENSAMENTOS ESCRITOS


Quen o diría!, pero este ronsel xa ten 365 días de existencia. Non é moi coñecido, pero o que me importa é escribir nel de cando en vez. Espero seguir deixando rastro por máis tempo, anque neste intre non teño moito máis que dicir, só que estou un chisco impaciente por estar en Dublín instalada. A ver se as tres semanas de estancia por alá dan de sí para contar...


Ata a próxima

jueves, agosto 30, 2007

AGASALLOS DE CUMPREANOS

Pensei que non ía escribir máis entradas ata chegar a Dublín, pero equivoqueime. Onte tiven outra cena en Santiago e con regalos incluídos, vaia, vaia...

Grazas nenas, por tódolos artiluxios haha!! (un pano, unha camiseta, un espello, uns pendientes, un bolso, chapas e... unha cartolina con dedicatorias). Non teño fotos...pero se consigo algunha de onte, non dubidarei en colgala.

bicossss de mar

miércoles, agosto 29, 2007

Bye Red Jackets, bye August


Acabaron as camiñatas de agosto polo casco vello de Compostela. Hoxe foi o meu último día de chaqueta vermella. Quixen aproveitar esa oportunidade, entre outras cousas para facer de turista nas miñas horas libres e aprender nun mes o que non aprendín en catro anos de estudiante en Compostela. Fun a algún que outro museo ao que nunca fora, fixen un tour nocturno pola cidade das estrelas e quedeime con aspectos curiosos que ata hai pouco descoñecía. Para min isto... foi coma unha especie de despedida a eses catro anos de universidade e creo que a mellor maneira de facelo era afondar na cidade un chisco máis.


Aquí deixo unha foto da cena dos "chaquetas". Estou segura que esa noite ningún dos que están na aí se perdería, pois... ¿para que están os mapas da oficina de turismo? jajajaja. Ese día levabamos encima máis de un.

lunes, agosto 27, 2007

ANTES DE DUBLÍN E DESPOIS DE COMPOSTELA


A verdade é que o verán cundiu. Concretamente os días de agosto que quedan atrás foron unha experiencia diferente. Quero escribir un pouco sobre iso antes de marchar a Dublín. Dentro de cinco días, se todo vai polo seu debido curso, estarei a piques de coller un avión para pisar chan irlandés.
Agosto foi o meu mes como “chaqueta vermella”, algo así como un punto ambulante de información da oficina de turismo de Santiago de Compostela. Andamos polo casco vello de Santiago para botar unha man a aqueles turistas que o necesitan. Preguntas do tipo: “Ademais da catedral… ¿Qué se pode ver en Santiago?, ¿Onde se obtán a Compostela?, ¿Qué albergues hai en Santiago?, ¿Por onde queda a rúa….?, ¿Onde hai un ciber? ou ¿Onde podo deixar a miña equipaxe/bici?” eran as máis frecuentes. Coma estas, outras tantas cuestións e algunhas delas moi peculiares. Tampouco faltaron aquelas ás que lle tiñamos que botar un chisco de imaxinación para saber respondelas.
A miña intención sendo chaqueta vermella, era practicar un pouco máis o inglés para ir acostumbrando este oído chosco e empezar a tirar para adiante na conversa!! Ademais quería facer algo diferente e así andiven. Decateime de que case todos os días podía emerxer unha boa historia, anédotas para contar nun caderno de bitácora ou porqué non, nunha reportaxe. É na rúa onde residen as historias e foi aí onde descubrín o meu mono por contar e afondar nalgunhas personalidades. En numerosas ocasións sentín curiosidade por algunhas das persoas que nos falaban. Estou segura de que serían bos para unha entrevista.
En fin, espero que a próxima entrada sexa dende Dublín.

jueves, agosto 02, 2007

CASE UN MES DE 22

Soplei dúas veces as candeas. A primeira ás doce da noite, xusto cando comezaba o 8 de xullo. Nin pola cabeza se me pasara que puideran darme esa sorpresa.
Comecei o día pisando merda, sí así de literal, pero como di a canción de Serrat, “que dicen que pisar mierda da buena suerte”. Así de ben sonaba nove días despois do meu aniversario na Plaza de Touros de Pontevedra na voz dos dous paxaros íntimos. Un verso que me fixo recordar ese 8 de xullo, un día bastante surrealista, ou especial diría eu.
Despois de meter o pe naquel noxento “pastel” e limpar o zapato todo o que puiden, regresei ao lugar no que estaban os meus compis. Alí tíñanme preparado un pequeno doce con dous patiños para soprar.
A noite correu coma un lince e cando cheguei a casa xa eran preto das 8 da mañá. Ás 11 xa estaba en pé porque tiñamos unha comuñón. O sono e a resaca apoderáronse de min dende que me levantei ata que me deitei e iso creo que aínda me fixo sentir máis nunha nube.
Abrín a porta da habitación e xa empecei a escoitar felicitacións.
-Vai onda o teu tío que che quere dar o regalo, dime miña tía.
Aínda coa vista borrosa, pasei o corredor e petei na porta. Estábame esperando cunha caixiña envolta en papel de regalo. A primeira vista parecía que o que había dentro era unha xoia. Axitei a caixa e as miñas impresións cambiaron ao ver que o obxecto se movía moito, ¿qué sería? A resposta foi inmediata porque abrín o paquetiño con ansia. Era a chave dun coche, o da miña tía, o Ford Fiesta azul mariño que tantos anos camiñou con ela. Ese co que perdeu o medo ao arte de conducir. “Agora tócame a min”, pensei cunha mestura de medo, incerteza e emoción. O cocktail de sentimentos impedíame reaccionar e facíame flotar máis na miña nube. Estaba apertando unha responsabilidade máis e sobre todo un reto: o de superar o meu medo a conducir. Buffffffffffff!!!!!
Nestes momentos continúo intentándoo, é algo que teño que vencer e contra o que loitar para que non me venza a min.
Tralo shock de pasar a ser propietaria dun vehículo de xeito repentino, soprei de novo as candeas. Desta vez durante o banquete da comuñón a que fomos. Foi unha felicitación improvisada, pero moi apañada. Nela alviscábase o cariño co que estaba feita e, como non, a miña vergoña ao ver que de súpeto case todos empezan a cantarme o cumpreanos feliz. Se non chegase a ter tanto sono creo que a timidez acabaría superándome. Miña irmá embadurnoume a cara con nata e eu intentei facer o mesmo coa dela. As fotos sacadas demóstrano. Intantes detidos en imaxes: as dese 8 de xullo de 2007.