lunes, octubre 08, 2007

A MIÑA MENTE CHAMA POR VÓS


Por moi estraña que sone a frase coa que titulo esta entrada, creo que ten algo de certo.
Levo en Salamanca cinco días e atopeime con dúas persoas que coñezo. Á primeira íalle mandar unha mensaxe para quedar con ela porque me acordei de que estaba estudiando aquí, pero ao final non fixo falta. Ao día seguinte atopeina na cafetería da facultade. No momento de vela, non foi necesario que dixera nada, a súa cara expresábao todo, facíaselle raro verme en Salamanca, pois ata agora só me vira en Compostela e non sabía que eu me viña para terras de Castela. Eu tampouco esperaba vela alí, entre outras cousas porque era sábado.
Ao outro atopeino hoxe subindo a rúa Ramón y Cajal e ten gracia, porque xustamente lle enviara un mail esta tarde para informalo da miña chegada. Mentres tecleaba, pensaba "so faltaría que esta tarde o atopase na rúa" e...xa vedes que así foi. Se non chego a escoitar o meu nome non o vía, porque ía falando entretida cunha compañeira.
Despois do desta tarde, o primeiro que me veu á mente foi unha frase que me dixo unha das miñas compañeiras cando lle contei que me atopara cunha amiga de Compostela. "Alba, la llamaste con la mente".
Agrádame que así fose, atoparme con xente á que quería ver e máis cando estás en terreo que aínda non é moi coñecido.
Por aquí seguirei camiñando, pero agora unha parada incerta e unha lectura: "La amante en guerra", de Maruja Torres.

2 comentarios:

Belén dijo...

ola albaa!!entrei aqui d casualidade, pq alberto recordarame o nome do teu blog un dia q senon non o lembraba...memoria de pez a miña!
disfruta de salamanca e das suas tapas..hahahaha
belen(vigo-dublin)
bicos

oko dijo...

a min tamén me pasou algo parecido. nos dous primeiros días de bilbao atopei a dúas persoas que coñecía, xa ves. pero supoño que o bo de estar fóra, máis que atopar xente de sempre, está coñecer xente nova. ou polo menos, é o que me anima.
disfruta da cidade
biquiñosssssssss