martes, diciembre 11, 2007

DE PASO POLAS CRECHAS


Mércores, 5 de decembro. Chegada a Compostela ás 21:20, a néboa da noite construía unha escena típica da capital galega. Salamanca quedaba atrás por uns días.
Deixamos as maletas no piso das miñas compis, fomos cear e despois paseamos polas rúas do casco antigo. Respirábase a maxia da brétema no ambiente e a temperatura era perfecta para estar fóra. Algúns bares esperábannos e outros estaban cheos de xente.
A Casa das Crechas foi a primeira parada definitiva e o sitio máis axeitado para levar a alguén que vén do extranxeiro, por exemplo de Colombia, como a miña amiga. Alí pode verse moito do que somos os galegos. Son de pandeireta, baile, pingas de licor café...Todo é pouco para describilo, pero para min ésta foi a mellor inxección xunto coas caras coñecidas que non esperaba ver.

2 comentarios:

Belén dijo...

lembro q a primeira vez q fun a santiago cando tiven alguen coñecido alí, leváranme á casa das crechas :D
bicos!

oko dijo...

que sorte volver a compostela!!! eu o 21 fago unha parada alí, antes de ir pra casa...