martes, junio 24, 2008

EN BRANCO

Dende que cheguei a Compostela apenas escribín. Levo aquí un mes e a verdade é que nin me sentei ante a pantalla en branco para teclear. É coma se estivese desganada e sen saber que dicir, pero...sinceiramente, non quero que iso me pase. Estou coma en branco, coma se a miña paleta se quedase sen cores coas que seguir pintando. Non quero atraparme, quero seguir escribindo, anque...hai días nos que a cor branca do cansazo e a desgana enchería algunhas páxinas. Non quero encerrarme nun único entorno porque sei que hai máis.

Desculpade esta reflexión que creo que só eu podo entender. É coma unha advertencia a min mesma.

Para vós... unha frase coa que me quedei o sábado durante o concerto do día da música no Multiusos do Sar.

Vivir es aprender a ver en la oscuridad. Ver en la oscuridad. Deluxe


No hay comentarios: