lunes, agosto 25, 2008

AO REGRESO DE OXFORD... A FOTO PROMETIDA


Despois de desfacer e facer maletas, de descargalas fotos e de... máis ou menos instalarme. Aquí deixo unha imaxe para o legado de Seixebra hahaha. Foi o venres 8 de agosto. A miña primeira semana en Oxford e xa dando unha clase en inglés sobre baile galego. O día antes paseimo descargando as cancións que Angel e Rosi me enviaran ao mail e preparando as instruccións en inglés (forwards-backwards ou o que é o mesmo adiante-atrás). Grazas á súa axuda, xente de Omán, Palestina, Turquía, Nova Zelanda e Reino Unido puido escoitar música galega e máis concretamente...algunhas das voces de Seixebra.


Grazas Rosi, grazas Ángel porque de non ser polos envíos da música... a ver como bailabamos a muiñeira de Laracha.
P.D. Na imaxe só se ve a metade da xente que estaba intentando collelos pasos.


Un saúdo

No hay comentarios: