O ronsel do meu barco

Un recuncho marítimo no que reflexionar en palabras. Aquí únicamente me limito a deixar algún dos pensamentos que me asaltan. Vós tamén podedes facelo para que este mar non quede sen ondas. Quizais este sexa o lugar onde unha servidora se atope consigo mesma, pois como dicía Neruda... "Algún día, en cualquier lugar, en cualquier parte, indefectiblemente te encontrarás a ti mismo y esa, sólo esa puede ser la más feliz o la más amarga de tus horas".

jueves, noviembre 20, 2008

DE REGRESO AO OCÉANO VIRTUAL

É certo que tiña isto abandonado, pero hoxe é ese día no que decidín retomalo e non sei por canto tempo. O certo é que botaba un pouco de menos flotar nestas ondas e tras dous meses de total ausencia aquí estou no meu segundo día de vacacións indefinidas en Santiago de Compostela, querendo recuperar as travesías perdidas.
Pasaron moitas cousas dende setembro, entre elas que EEUU ten a Barack Obama de novo presidente, polo que tentarei deixar algunha liña opor aquí máis frecuentemente para que non pase o mundo por diante dos meus ollos sen ser comentado.