O ronsel do meu barco

Un recuncho marítimo no que reflexionar en palabras. Aquí únicamente me limito a deixar algún dos pensamentos que me asaltan. Vós tamén podedes facelo para que este mar non quede sen ondas. Quizais este sexa o lugar onde unha servidora se atope consigo mesma, pois como dicía Neruda... "Algún día, en cualquier lugar, en cualquier parte, indefectiblemente te encontrarás a ti mismo y esa, sólo esa puede ser la más feliz o la más amarga de tus horas".

miércoles, junio 25, 2008

ANXOS SUMAI E O BLANCO TORRES


O sábado 28 ás 21 horas Anxos Sumai recollerá en Cuntis o premio Blanco Torres de xornalismo. Será no cento cultural José Radío.

A escritora de Catoira obtivo este premio de xornalismo pola serie de artículos coñecidos co título Somos perigosamente normais, que foron emitidos na sección semanal que a autora tiña no Diario Cultural da Radio Galega durante o ano 2006.


E...despois dun ano volvo darche a noraboa Anxos!! Primeiro cando se fallou o premio e agora porque vas a recollelo.


martes, junio 24, 2008

EN BRANCO

Dende que cheguei a Compostela apenas escribín. Levo aquí un mes e a verdade é que nin me sentei ante a pantalla en branco para teclear. É coma se estivese desganada e sen saber que dicir, pero...sinceiramente, non quero que iso me pase. Estou coma en branco, coma se a miña paleta se quedase sen cores coas que seguir pintando. Non quero atraparme, quero seguir escribindo, anque...hai días nos que a cor branca do cansazo e a desgana enchería algunhas páxinas. Non quero encerrarme nun único entorno porque sei que hai máis.

Desculpade esta reflexión que creo que só eu podo entender. É coma unha advertencia a min mesma.

Para vós... unha frase coa que me quedei o sábado durante o concerto do día da música no Multiusos do Sar.

Vivir es aprender a ver en la oscuridad. Ver en la oscuridad. Deluxe