O nome de José Cendón é un dos máis citados estes días nos medios de comunicación polo seu secuestro de 39 días en Somalia. Lástima como di el, que gañe a fama por este feito. Agora moitos de nós poñémoslle cara ao autor das fotos de rostros arrepiantes naquel psiquiátrico de Burundi. Él é un exemplo dos freelance que amosa as realidades agochadas, si, ésas que firen e que á vez nos berran para que abramos os ollos.
Hoxe vin a Cendón pola rúa e sentín a necesidade de pararme detidamente a pensar no rebumbio mediático que o envolveu estes días. Supoño que será moi estrano que "de repente" os ollos dos viandantes que se cruzan con el se deteñan no seu rostro porque o recoñecen (eu fun unha deles). Espero que a partir de agora sexan tamén eses ollos os que vexan máis alá das imaxes deste fotógrafo e xornalista galego.
P.D. A foto desta entrada pertence a serie de José Cendón gañadora do World Press Photo.