miércoles, enero 14, 2009

O AUTOR DAS FOTOS QUE BUSCAN "FERIR" AO ESPECTADOR

Gañou os premios World Press Photo e Pictures of the Year no 2007 polas imaxes que inmortalizou nos centros de saúde mental da rexión dos Grandes Lagos. Para el a fotografía é un xeito de estar alí onde é necesario que o espectador sexa consciente do que está a pasar. O seu espírito aventureiro busca a atención a moitos dos lugares e feitos olvidados, por exemplo, o conflicto armado da República do Congo.



O nome de José Cendón é un dos máis citados estes días nos medios de comunicación polo seu secuestro de 39 días en Somalia. Lástima como di el, que gañe a fama por este feito. Agora moitos de nós poñémoslle cara ao autor das fotos de rostros arrepiantes naquel psiquiátrico de Burundi. Él é un exemplo dos freelance que amosa as realidades agochadas, si, ésas que firen e que á vez nos berran para que abramos os ollos.

Hoxe vin a Cendón pola rúa e sentín a necesidade de pararme detidamente a pensar no rebumbio mediático que o envolveu estes días. Supoño que será moi estrano que "de repente" os ollos dos viandantes que se cruzan con el se deteñan no seu rostro porque o recoñecen (eu fun unha deles). Espero que a partir de agora sexan tamén eses ollos os que vexan máis alá das imaxes deste fotógrafo e xornalista galego.


P.D. A foto desta entrada pertence a serie de José Cendón gañadora do World Press Photo.

No hay comentarios: