jueves, enero 24, 2008

DE RUMORES E CANSAZO


La cantidad de rumores inútiles que un hombre puede soportar es inversamente proporcional a su inteligencia. Schopenhauer

A rumoroloxía foi a temática da clase de hoxe. É incrible como se pode transformar unha historia de boca en boca. Así se forman os rumores con perda de información, confusión, incerteza...Ás veces de forma inocente, outras intencionada... O que si é certo é que son inevitables e que hai que aprender a convivir con eles e afrontalos da mellor forma posible. Como dicía Juanma Lillo na aula, hai que ter presente que, alí onde esteamos, o conflicto é a regla e non a excepción.
O cansazo do día non me deixa escribir máis, pero non quero marchar sen deixar aquí isto, pois como a cousa vai de rumores...Un burdo rumor, de La Mandrágora (1981). A ver se así de paso tamén rides.

Pero como veo que por ser tu tan cotilla
va de boca en boca y es la comidilla
lalalalalala




martes, enero 22, 2008

"MENTIROSO MENTIROSO"

Meteoro y el señor conejo é tan só un aperitivo do terceiro álbum en solitario de Iván Ferreiro (Mentiroso mentiroso). O 25 de marzo estará nas tendas de discos, así que para ir abrindo o apetito...unha peza curta. A verdade é que é distinto ao que teño visto del, pero para saber do resto do disco... xa sabedes, a esperar. De momento eu quédome con Turnedo ou Abrázame, por exemplo.

domingo, enero 20, 2008

Porque merece a pena deixar este vídeo aquí. É o vídeo de despedida que se proxectou no noso acto de licenciatura. Xornalismo 2004-2007. Grazas Carlos por subilo á rede!!

sábado, enero 19, 2008

COMUNICAR

É todo. Expresar unha emoción, un sentimento, algo que queremos compartir... Ver o mundo dunha forma e mostrar cómo o vemos. Tamén é aprender.


Esta fin de semana agarrei algunha que outra clave para lograr unha mellor comunicación. A construción do discurso e a formación de portavoces foron eixos protagonistas.

Os ingredientes principais para conseguir eficacia resúmense en claridade, brevidade e...moi importante: naturalidade e seguridade nun mesmo. O certo é que son aplicables a todos os camiños de comunicación da vida, para seguir mirando adiante.

Estes dous días tamén me serviron para repasar momentos da facultade e momentos meus como ese proxecto de comunicadora que emerxe. Rebobinei a película das miñas intervencións en público, saquei a flote imaxes que non esperaba. Unha rapaza de 15 anos presentando o festival do colexio. A mesma que aos 16 no instituto tentaba explicar a uns cantos en qué consistía a vestimenta tradicional galega. Esa que aos 17 presentaba Let it be dos Beatles, para despois cantala nun auditorio cunha amiga...

Un ano despois ela empezaba a carreira de xornalismo, facía toma de contacto co micro dun locutorio de radio para darse a coñecer aos seus compañeiros. O mesmo que fixeron eles. Ese verán a Asociación Cultural Seixebra celebraba o seu primeiro festival e foi a súa tremorosa boca a que lanzou as palabras de todos os que son Seixebra.


Do segundo curso de carreira lembra con cariño aquela práctica do informativo de TV. Esa que xunto cun bo amigo ela se animou a presentar. Despois...desfile de entroido, máis festivais Seixebra...Ata que un día se viu nun escenario sorteando carneiros e dando a benvida á xente que ía a aquela festa. Algúns protestaban porque querían comer xa.


En terceiro, non olvidará o día que o seu grupo tiña concertada unha entrevista con Alvite e no último momento o entrevistado falla. Nesa práctica tocáballe a ela ser a conductora. Había que buscar a outro convidado e Bolseiro foi a salvación. Ela recorda con bo sabor esa conversa radiofónica porque se sentiu cómoda. Máis adiante, a súa voz tímida experimentaba no prólogo e epílogo dun festival de corais. O seu ton estivo máis serio naquela xuntanza de bandas na que tivo que rogar silencio e na que alguén entre o público lle chamou pesada. Diso tampouco se esquece.


Cando pensa en cuarto, é dicir, no curso pasado, vénlle á cabeza o día que lle tocou expoñer no auditorio da facultade o traballo que fixeran no seu grupo. Era sobre o Gabinete de comunicación da Consellería de Traballo. Aquí sente rabia dela mesma porque deixou que os nervios lle xogasen a mala pasada de tatexar e case non saber que dicir. Non foi boa para presentar as conclusións do traballo do seu grupo. Foi vítima do pánico escénico. Para sazonar con doce este erro, sorrí rememorando as prácticas de retransmisións na facultade. Cada un tiña un papel e debía improvisalo coma se fose unha retransmisión de TV real. Eran para achegarlos máis a esa arte de improvisación. Tamén houbo moitas risas.


Onte, tras facer un barrido mental destas experiencias, en distintos anacos do día, chegou o seu turno. Tocoulle facer unha exposición de tres minutos para a clase, mentres unha cámara a gravaba. Outros compañeiros fixeran roda de prensa, improvisación... Todos estaban con nervios, uns máis que outros. Ela sentíaos e loitou por pisalos porque se non, sabía o que lle ía suceder. Ao final, a experiencia resultou ser moi boa, pois todos comunicaron, cada un co seu estilo.


jueves, enero 17, 2008

La carencia

Yo no sé de pájaros,

no conozco la historia del fuego.

Pero creo que mi soledad debería tener alas.


Alejandra Pizarnik


Esta é a ración de versos de hoxe. Un día descubrinos de casualidade lendo Melodía de días usados, de Anxos Sumai.

martes, enero 15, 2008

VELOCIDADES ASASINAS

Hai unha febre que está crebando vidas sen sentido. O descontrol ao volante é unha dura amenaza. Espero que os culpables paguen caro, que se faga xustiza por aquelas persoas que de repente, un día, se viron sorprendidas por carreiras ilegais e foron vítimas.
A inconscencia duns foi a peor inimiga dos que xa non están. Por máis que intento atoparlle un sentido non o consigo: poñer en perigo a vida dos demais para divertirse eles. Non ven ao seu redor...¿Qué está pasando?
A esperanza é a xustiza; que os causantes cumplan duras penas e non se repitan máis feitos deste tipo, que se poderían ter evitado.

Case non me saen as palabras porque a ira non me deixa. Limítase a oprimirme o peito e a facerme un nó na gorxa.

domingo, enero 13, 2008

ISMAEL EN GALICIA E EU...


Escoitando a canción de Ismael Serrano que ten posta o meu veciño, lembro que este ano o cantautor de Vallekas vai dar catro concertos en Galicia. A cifra está moi ben de seguro que os galegos/as se quedarán ben con eses Sueños de un hombre despierto.

O 7 de febreiro estará na Coruña, o 8 en Ourense, o 9 en Pontevedra e o 10 en Vigo.


Vai ser que desta non o vou poder ver, porque o máis seguro é que ande por terras non españolas. Anque...será por concertos porque este cantautor aínda ten moitas cordas que romper!.
E cando me decato de como imos pasar por este
mundo sen deixar rastro despois de levar unhas vidas
estúpidas, comprendo con rabia que na vida o único
que queda é o amor.
ORHAN PAMUK: Neve

Este é o parágrafo que inaugura o conxunto de relatos de Agustín Fernández Paz: O único que queda é o amor. Por cada recomendación literaria que o autor fai nestas páxinas, podería facerse unha entrada de blog. Darían para un bo repertorio, mais eu so me limito a deixar a que nos sumerxe nas historias.

Xunto con isto, nunca sobra algunha referencia de Orhan Pamuk (1952). É un autor de Estambul, concretamente o primeiro turco en gañar un Premio Nobel. Foi no 2006. A súa obra está traducida a 34 idiomas.

miércoles, enero 09, 2008

Así nacen as baleas de Anxos Sumai é a lectura que me acompaña nestes primeiros días de 2008 . Hoxe estou cansa e non teño ánimos para teclear. Levo dous días diante do ordenador facendo un traballo, que por fin rematei.

lunes, diciembre 24, 2007

"Whit a little help from my friends"

Porque me apetecía esta canción, aí vai, para matar o antollo. Seguro que vos lembrades da serie Aquellos maravillosos años.

Lend me your ears and I'll sing you a song
I´ll try not to sing out of key...


domingo, diciembre 23, 2007

Nestas datas este barco está en augas da Ría de Muros e Noia, concretamente de Louro. Non quería que pasase o tempo sen deixar aquí unha imaxe deste anaquiño marítimo e desta fermosa vista.

miércoles, diciembre 19, 2007

Por que... moitas das respostas ás nosas preguntas están no aire.
Esta é a miña canción de hoxe.

¿Por que estou aquí?

El éxito de nuestra compañía radica en la calidad de nuestra comunicación interna y externa
Teodoro Newton Wail, 1908.
Esta é unha frase que me parece axeitada para explicar o que estiven aprendendo nos últimos meses. A verdade é que a comunicación corporativa é un tema que me interesa e iso foi o que me trouxo ata Salamanca. Curioso, pero creo que ata o de agora non o explicara neste blog.
Hai unha semana acabei o meu primeiro plan de comunicación interna, un traballo para un dos módulos do curso de experto que estou a facer. É o inicio dun novo campo, do que na facultade, en Compostela, non vira nada.
A verdade é que tamén estou alucinando coa cantidade de utilidades que teñen as novas tecnoloxías neste ámbito. Ademais disto son máis os temas vistos que me parecen interesantes, pero...aquí queda isto.
Antes do punto e seguido de Nadal crin que era importante lembrarme de por qué estou aquí.
Bo Nadal a todos/as os que vexades os rastros deste ronsel!!!

martes, diciembre 18, 2007

O BRANCO DO NADAL

Salamanca amenceu branca. As folerpas bicaron o chan e así se vía un anaco da cidade hai unhas horas.


sábado, diciembre 15, 2007

ÁSPERO E SENTIMENTAL

Lembro que o día que falamos con el nos dixo que adoitaba decepcionar a aqueles que o coñecían en persoa. El é así, aparece e desaparece cando menos o esperas.
Noctámbulo infinito e malabarista de aforismos. Creador dun mundo que o salvou de moitas consultas de psiquiatra. Alvite e o Savoy, ese local rexentado por Ernie Loquasto. A metáfora e o insomnio nunha mesma persoa. Sinatra, unha das súas voces favoritas e o jazz unha das súas músicas.

No fume do Savoy camúflanse perdedores e pesimistas, un boxeador retirado, un xornalista, un barman, as coristas, os gángsters...Son os personaxes de Alvite. En todos eles hai un pouco do seu creador.

Preguntámoslle ao xornalista por qué ese nome para o local e dixo que o escolleu coma outro calquera. Comentounos que o cantautor Ismael Serrano lle mandaba unha foto cada vez que vía un Savoy. Dende que eu descubrín as historias deste xornalista xa foron varios os Savoys que vin. Un deles en Dublín. Ademais da anécdota tamén quixen rescatar a foto.


Hoxe lembreime desta conversa porque ordenando os meus documentos no ordenador atopei o arquivo sonoro daquela tarde en Milladoiro con José Luis Alvite. Foi en marzo de 2006, cando facía terceiro de xornalismo.

viernes, diciembre 14, 2007

Si se callase el ruido
oirías la lluvia caer
limpiando la ciudad de espectros,
te oiría hablar en sueños
y abriría las ventanas.
Si se callase el ruído
quizá podríamos hablar
y soplar sobre las heridas,
quizás entenderías
que nos queda la esperanza.
Si se callase el ruido (Ismael Serrano)
Tiña que poñer algunhas letras del aquí, pois xa tardaban en aparecer neste espazo. Esta é unha das cancións coas que pecho o día de hoxe. Será o segundo single de Sueños de un hombre despierto. Mentres non se estrena colgo aquí un vídeo dunha actuación na FNAC.


ANO NOVO EN SALAMANCA

Asi como se le. Xa é ano novo para os universitarios desta parte de Castela. Unha orquestra na Plaza Mayor e unha morea de xente animaban o cotarro. Ao dar as 12, case todos comían unha gominola por campanada ficticia. Si é que...xa parecía o fin de ano de toda a vida. Había que saltar ao ritmo da música para combater o único grao de temperatura que había ¡¡brrrr!! Xa sei que só é o principio.

martes, diciembre 11, 2007

DE PASO POLAS CRECHAS


Mércores, 5 de decembro. Chegada a Compostela ás 21:20, a néboa da noite construía unha escena típica da capital galega. Salamanca quedaba atrás por uns días.
Deixamos as maletas no piso das miñas compis, fomos cear e despois paseamos polas rúas do casco antigo. Respirábase a maxia da brétema no ambiente e a temperatura era perfecta para estar fóra. Algúns bares esperábannos e outros estaban cheos de xente.
A Casa das Crechas foi a primeira parada definitiva e o sitio máis axeitado para levar a alguén que vén do extranxeiro, por exemplo de Colombia, como a miña amiga. Alí pode verse moito do que somos os galegos. Son de pandeireta, baile, pingas de licor café...Todo é pouco para describilo, pero para min ésta foi a mellor inxección xunto coas caras coñecidas que non esperaba ver.

martes, diciembre 04, 2007

VÍSPERAS DE PONTE

Si, mañá a estas horas se todo segue no seu curso estarei chegando a Compostela. Pasarei esta ponte en Galicia e farei turismo para ensinarlle algunhas cousas a unhas amigas. Así e todo, espero aproveitar outras ocasións para viaxar a outras zonas do mundo...Ese gusaniño non hai quen mo quite e espero alimentalo.
Como estes días me apetece música...hoxe fago honra á cidade das estrelas con esa recoñecida canción de Luar na Lubre: Chove en Santiago.
A versión que fai con eles Ismael Serrano está moi ben. Recoméndovos escoitala. Eu aquí deixo a orixinal, porque da outra non hai videoclip.

domingo, diciembre 02, 2007

Morriña musical

Despois de escoitar as ferreñas da pandeireta e unhas boas voces no meu ordenador, foi inevitable sentir a morriña. Máis que morriña quizais sexa "mono" de golpeala pandeireta e de bailar ao son dela. Non era tan consciente diso ata que escoitei a música.
A última vez que agarrei a pandeireta foi no Carneiro ao Espeto, ¡hai catro meses! Si é que parece que xa se me olvida... ¿E qué serán dos puntos de Fonsagrada, Trasmonte, Pazos de Borbén e... o maneo de Bardáns? ¿Tereinos gardados ou xa fuxirían?
Supoño que en Nadal botarei algún baile para rememorar... De momento sigamos escoitando desta música. Velaquí Pepe Vaamonde Grupo e Aires de Montillón.