lunes, abril 28, 2008

CONTA ATRÁS PARA BOB DYLAN

Sería agora un momento axeitado para subir o Blowin´in the wind, pero xa o fixen e basta con recordar... the answer my friend/is blowin' in the wind. Bonita frase para buscar respostas e atopalas.
Bob Dylan estará no IFEVI de Vigo o 27 de xuño. O concerto está previsto para as 21:30 e dende o venres 25, as entradas xa están á venda. O primeiro día vendéronse máis de mil.

Agora é o momento de empezar a conta atrás para que Vigo sinta as pegadas desta lenda da música, máis que nada porque sempre hai un momento no que todos queremos ser Forever young. Ese día seguro que o cantaremos en alto para que se nos escoite.

May your heart always be joyful
May your song always be sung,
May you stay forever young


jueves, abril 17, 2008

TONGUE TWISTERS

Para que enrededes coa língua a riades moito, decidín deixar por aquí algún trabalinguas en inglés.



She sells sea shells in the seashore (repetide polo menos tres veces jaja)



Red lorry, Yellow lorry (8 veces)



A noise annoys an oyster but a noisy noise annoys an oyster more (4 veces)



O mellor é escoitalos en boca dos demais e chegan a ser pegadizos ou iso me sucedeu a min e ao resto dos que fixemos o curso de inglés. Non parabamos de repetilos.

domingo, abril 13, 2008

UNHA SEMANA INTENSA

Así foron estos días de curso de inglés da UIMP eo MEC. Mereceron a pena, sempre está ben aproveitar as becas do Estado. En so 5 días sentinme nun lugar diferente e iso que nin tan sequera atravesei a fronteira galega. Era coma estar nun reality de inglés. Clases de 9 da mañán as 6 da tarde nas que había que comunicar en inglés, un xeito ameno e diferente de aprender, anque ás veces... algo repetitivo, pero aí estaba a clave para conseguir a fluidez na fala. Estiven a piques de soñar con preguntas do tipo... How long does it take you to clean your glasses? Ás veces resoaban na miña cabeza por repetilas tanto na clase.
O mellor foi coñecer xente nova e desconectar do que se fai normalmente. Durante 6 días cambiei Vigo por Coruña e anque...foi unha semana chea de chuvia, a experiencia é recomendable.
Mañá volta ás prácticas na consultora de comunicación e... a seguir co método Vaugham, que falta me fai.
Bicos a tod@sss.

jueves, abril 03, 2008

DOR DE MOA

Esta semana incorporeime ás prácticas tamén de tarde, de aí que dedique menos tempo a escribir aquí. Iso entre outras cousas, porque ata onte non dispoñía de conexión a internet.
Estes días o que me marca é a dor de moa do xuízo, a verdade é que me doe toda a boquiñaaa e xuntóuseme cunha xenxivite, as miñas enxivas están moi sensibles.
Eu sempre tratei de coidar a miña dentadura o mellor posible, pero vexo que non é suficiente con lavar os dentes 3 ou 4 veces ao día e vixiar a carie. Recoméndovos tamén usar un colutorio.
Isto non é máis que un conselliño, unha excusa para volver teclear un pouco e facer algo máis longo este ronsel. Espero que haxa excusas mellores.