sábado, mayo 23, 2009

PARA NON RENDIRSE

Porque de cando en vez necesitamos escoitar palabras coma estas e porque non quería que Benedetti pasase desapercibido por este océano cando somos tantos os que paseamos polas súas palabras. Así que a vivir a vida e a aceptar o reto porque cada día é un comezo novo.
No te rindas, aún estás a tiempo
De alcanzar y comenzar de nuevo,
Aceptar tus sombras,
Enterrar tus miedos,
Liberar el lastre,
Retomar el vuelo.

No te rindas que la vida es eso,
Continuar el viaje,
Perseguir tus sueños,
Destrabar el tiempo,
Correr los escombros,
Y destapar el cielo.

No te rindas, por favor no cedas,
Aunque el frío queme,
Aunque el miedo muerda,
Aunque el sol se esconda,
Y se calle el viento,
Aún hay fuego en tu alma
Aún hay vida en tus sueños.

Porque la vida es tuya y tuyo también el deseo
Porque lo has querido y porque te quiero
Porque existe el vino y el amor, es cierto.
Porque no hay heridas que no cure el tiempo.

Abrir las puertas,
Quitar los cerrojos,
Abandonar las murallas que te protegieron,
Vivir la vida y aceptar el reto,
Recuperar la risa,
Ensayar un canto,
Bajar la guardia y extender las manos
Desplegar las alas
E intentar de nuevo,
Celebrar la vida y retomar los cielos.

No te rindas, por favor no cedas,
Aunque el frío queme,
Aunque el miedo muerda,
Aunque el sol se ponga y se calle el viento,
Aún hay fuego en tu alma,
Aún hay vida en tus sueños
Porque cada día es un comienzo nuevo,
Porque esta es la hora y el mejor momento.
Porque no estás solo, porque yo te quiero.

Mario Benedetti (No te rindas)

miércoles, enero 14, 2009

O AUTOR DAS FOTOS QUE BUSCAN "FERIR" AO ESPECTADOR

Gañou os premios World Press Photo e Pictures of the Year no 2007 polas imaxes que inmortalizou nos centros de saúde mental da rexión dos Grandes Lagos. Para el a fotografía é un xeito de estar alí onde é necesario que o espectador sexa consciente do que está a pasar. O seu espírito aventureiro busca a atención a moitos dos lugares e feitos olvidados, por exemplo, o conflicto armado da República do Congo.



O nome de José Cendón é un dos máis citados estes días nos medios de comunicación polo seu secuestro de 39 días en Somalia. Lástima como di el, que gañe a fama por este feito. Agora moitos de nós poñémoslle cara ao autor das fotos de rostros arrepiantes naquel psiquiátrico de Burundi. Él é un exemplo dos freelance que amosa as realidades agochadas, si, ésas que firen e que á vez nos berran para que abramos os ollos.

Hoxe vin a Cendón pola rúa e sentín a necesidade de pararme detidamente a pensar no rebumbio mediático que o envolveu estes días. Supoño que será moi estrano que "de repente" os ollos dos viandantes que se cruzan con el se deteñan no seu rostro porque o recoñecen (eu fun unha deles). Espero que a partir de agora sexan tamén eses ollos os que vexan máis alá das imaxes deste fotógrafo e xornalista galego.


P.D. A foto desta entrada pertence a serie de José Cendón gañadora do World Press Photo.

miércoles, noviembre 26, 2008

HAI SOÑOS...QUE NON TEÑEN PREZO

Soñar é libre e ás veces axúdanos a escapar. Hai soños infinitos e tamén peculiares, soños que se cumpren e outros que son unha ilusión contínua. Recordo aquela frase que Anxos Sumai recolleu nun dos relatos do seu libro Melodía de días usados: A vida é unha loita contínua por soñar. Anque, tamén hai soños polos que hai que esperar e que se cumpren unha vez que un xa non está.
É o caso do pianista polaco, André Tchaikowsky, que en 1982, no seu leito de morte, pediu que o seu cráneo fose utilizado para interpretar Hamlet, de Shakespeare. Para facer realidade o seu desexo, Tchaikowsky doou o seu cráneo á Royal Shakespeare Company, que o conservou entre outros atrezos.
Vinteséis anos despois da súa morte, o seu soño cúmprese, pois por primeira vez, o seu cráneo foi utilizado polo actor británico David Tennant nunha produción en Stratford-upon-Avon, a cidade natal de Shakespeare.
Hai soños inimaxinables para todos agás para aquel que o desexa.

jueves, noviembre 20, 2008

DE REGRESO AO OCÉANO VIRTUAL

É certo que tiña isto abandonado, pero hoxe é ese día no que decidín retomalo e non sei por canto tempo. O certo é que botaba un pouco de menos flotar nestas ondas e tras dous meses de total ausencia aquí estou no meu segundo día de vacacións indefinidas en Santiago de Compostela, querendo recuperar as travesías perdidas.
Pasaron moitas cousas dende setembro, entre elas que EEUU ten a Barack Obama de novo presidente, polo que tentarei deixar algunha liña opor aquí máis frecuentemente para que non pase o mundo por diante dos meus ollos sen ser comentado.

domingo, septiembre 07, 2008

MY PLACE IN LONDON

Quen me ía dicir a min, que mentres andabamos un chisco perdidos polo barrio de Nothin Hill ademais de atopar a famosa porta azul, que xa non é azul, ía atopar un recunchiño co meu nome.

Curious, but I was there , lost "in my place". Porque... hai moitas formas de sentirse perdida/o. Ese día era unha forma, estes días a sensación de desorientación é distinta. Aí vai iso.


In my place, in my place
Were lines that I couldn't change
I was lost, oh yeah

(COLDPLAY)

lunes, agosto 25, 2008

AO REGRESO DE OXFORD... A FOTO PROMETIDA


Despois de desfacer e facer maletas, de descargalas fotos e de... máis ou menos instalarme. Aquí deixo unha imaxe para o legado de Seixebra hahaha. Foi o venres 8 de agosto. A miña primeira semana en Oxford e xa dando unha clase en inglés sobre baile galego. O día antes paseimo descargando as cancións que Angel e Rosi me enviaran ao mail e preparando as instruccións en inglés (forwards-backwards ou o que é o mesmo adiante-atrás). Grazas á súa axuda, xente de Omán, Palestina, Turquía, Nova Zelanda e Reino Unido puido escoitar música galega e máis concretamente...algunhas das voces de Seixebra.


Grazas Rosi, grazas Ángel porque de non ser polos envíos da música... a ver como bailabamos a muiñeira de Laracha.
P.D. Na imaxe só se ve a metade da xente que estaba intentando collelos pasos.


Un saúdo

viernes, agosto 08, 2008

GALICIAN DANCING LESSONS IN OXFORD


Si, asi como sona: clases de baile galego en Oxford. Ese foi o meu reto de hoxe, ensinar en ingles baile galego. A verdade e que foi toda unha experiencia, na que sudei mais falando ingles que bailando, pero foi moi gracioso ensinar pezas tradicionais a xente de Oman, Turquia, Palestina e de UK. Confeso que anque tinha vergonha a expresarme en ingles, sentin satisfaccion de poder mostrar algo da nosa cultura por estas terras. Intercambiar conhecementos doutras culturas e paises e o que de momento esta a marcar a minha estancia aqui.



Este e o meu quinto dia en Oxford. Foi unha manha bonita e peculiar.