miércoles, noviembre 26, 2008

HAI SOÑOS...QUE NON TEÑEN PREZO

Soñar é libre e ás veces axúdanos a escapar. Hai soños infinitos e tamén peculiares, soños que se cumpren e outros que son unha ilusión contínua. Recordo aquela frase que Anxos Sumai recolleu nun dos relatos do seu libro Melodía de días usados: A vida é unha loita contínua por soñar. Anque, tamén hai soños polos que hai que esperar e que se cumpren unha vez que un xa non está.
É o caso do pianista polaco, André Tchaikowsky, que en 1982, no seu leito de morte, pediu que o seu cráneo fose utilizado para interpretar Hamlet, de Shakespeare. Para facer realidade o seu desexo, Tchaikowsky doou o seu cráneo á Royal Shakespeare Company, que o conservou entre outros atrezos.
Vinteséis anos despois da súa morte, o seu soño cúmprese, pois por primeira vez, o seu cráneo foi utilizado polo actor británico David Tennant nunha produción en Stratford-upon-Avon, a cidade natal de Shakespeare.
Hai soños inimaxinables para todos agás para aquel que o desexa.

No hay comentarios: