Teodoro Newton Wail, 1908.
Esta é unha frase que me parece axeitada para explicar o que estiven aprendendo nos últimos meses. A verdade é que a comunicación corporativa é un tema que me interesa e iso foi o que me trouxo ata Salamanca. Curioso, pero creo que ata o de agora non o explicara neste blog.
Hai unha semana acabei o meu primeiro plan de comunicación interna, un traballo para un dos módulos do curso de experto que estou a facer. É o inicio dun novo campo, do que na facultade, en Compostela, non vira nada.
A verdade é que tamén estou alucinando coa cantidade de utilidades que teñen as novas tecnoloxías neste ámbito. Ademais disto son máis os temas vistos que me parecen interesantes, pero...aquí queda isto.
Antes do punto e seguido de Nadal crin que era importante lembrarme de por qué estou aquí.
Bo Nadal a todos/as os que vexades os rastros deste ronsel!!!
1 comentario:
Salamanca ten tanto encanto que fagas o que fagas alí, está ben feito. Pero tes razón que o da comunicación corporativa é un mundo un pouco alleo ás facultades. E no día a día sácanche de mil apuros. Espero que no futuro sexa o teu caso! ;)
Publicar un comentario