Un recuncho marítimo no que reflexionar en palabras. Aquí únicamente me limito a deixar algún dos pensamentos que me asaltan. Vós tamén podedes facelo para que este mar non quede sen ondas. Quizais este sexa o lugar onde unha servidora se atope consigo mesma, pois como dicía Neruda... "Algún día, en cualquier lugar, en cualquier parte, indefectiblemente te encontrarás a ti mismo y esa, sólo esa puede ser la más feliz o la más amarga de tus horas".
jueves, enero 04, 2007
LENTES NOVAS, ¿PERCEPCIÓNS NOVAS?
Quen me coñece sabe de boa tinta que eu sen as miñas lentes non son a mesma. Creo que anque non as tivera que usar (que non me queda outra, pois fanme boa falta) chegaría un momento en que o faría de todos xeitos. Diredes que se me vai un pouco a cachola, pero para min son un complemento esencial e estéticamente as de pasta, gústanme moito. Sucédeme tamén cos sombreiros e os pendentes
Moitas veces digo que son fan de Lola Herrera, a que presenta os deportes en Antena 3. Cada día leva unhas gafas diferentes, acordes coa cor da súa chaqueta, anque hai que recoñecer que algunhas son demasiado extravagantes. A min gustaríame ter varios pares e poñer cada un segundo o meu humor, a roupa, a ocasión… ao fin e ao cabo creo que expresan bastante de min.
Cando non as levo, evidentemente sigo sendo eu jaja, pero non me sinto igual, vaia, é coma se me faltase un caparazón. Así e todo, as lentillas gústanme para as noites de saída e algún que outro acontecemento, pois non todo van ser monturas, tamén hai que cambiar. De vez en cando hai que deixar ver o que hai máis alá deses centímetros de cristal, os mesmos olliños daquela nena de seis anos que parecía oriental. Dinme que a forma dos meus ollos se parece a da miña tartaravoa, así que a cousa vén de lonxe.
Despois de estar 7 anos coas mesmas lentes, a semana pasada merquei unhas novas (ano novo, lentes novas…). Aínda non mas deron, pero son o meu regalo de reis. É o momento de ver as cousas dende ángulos diferentes, con outras perspectivas.
Pensándoo ben… non me importaría ser a imaxe publicitaria dunha óptica, hahaha, igual me fan descontos nas lentes.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Ei, Albiña!! Que sorpresa, de repente paso un día por aquí e atopo tres post diferentes! Alégrame que te decidiras a continuar a túa singladura. Ves como si tiñas cousas para nos contar? :)
A verdade é que me acabaches convencendo jejeje, anque hai que recoñecer que unhas veces estou máis inspirada que outras.
Publicar un comentario