A verdade é que o verán cundiu. Concretamente os días de agosto que quedan atrás foron unha experiencia diferente. Quero escribir un pouco sobre iso antes de marchar a Dublín. Dentro de cinco días, se todo vai polo seu debido curso, estarei a piques de coller un avión para pisar chan irlandés.
Agosto foi o meu mes como “chaqueta vermella”, algo así como un punto ambulante de información da oficina de turismo de Santiago de Compostela. Andamos polo casco vello de Santiago para botar unha man a aqueles turistas que o necesitan. Preguntas do tipo: “Ademais da catedral… ¿Qué se pode ver en Santiago?, ¿Onde se obtán a Compostela?, ¿Qué albergues hai en Santiago?, ¿Por onde queda a rúa….?, ¿Onde hai un ciber? ou ¿Onde podo deixar a miña equipaxe/bici?” eran as máis frecuentes. Coma estas, outras tantas cuestións e algunhas delas moi peculiares. Tampouco faltaron aquelas ás que lle tiñamos que botar un chisco de imaxinación para saber respondelas.
A miña intención sendo chaqueta vermella, era practicar un pouco máis o inglés para ir acostumbrando este oído chosco e empezar a tirar para adiante na conversa!! Ademais quería facer algo diferente e así andiven. Decateime de que case todos os días podía emerxer unha boa historia, anédotas para contar nun caderno de bitácora ou porqué non, nunha reportaxe. É na rúa onde residen as historias e foi aí onde descubrín o meu mono por contar e afondar nalgunhas personalidades. En numerosas ocasións sentín curiosidade por algunhas das persoas que nos falaban. Estou segura de que serían bos para unha entrevista.
En fin, espero que a próxima entrada sexa dende Dublín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario