jueves, agosto 02, 2007

CASE UN MES DE 22

Soplei dúas veces as candeas. A primeira ás doce da noite, xusto cando comezaba o 8 de xullo. Nin pola cabeza se me pasara que puideran darme esa sorpresa.
Comecei o día pisando merda, sí así de literal, pero como di a canción de Serrat, “que dicen que pisar mierda da buena suerte”. Así de ben sonaba nove días despois do meu aniversario na Plaza de Touros de Pontevedra na voz dos dous paxaros íntimos. Un verso que me fixo recordar ese 8 de xullo, un día bastante surrealista, ou especial diría eu.
Despois de meter o pe naquel noxento “pastel” e limpar o zapato todo o que puiden, regresei ao lugar no que estaban os meus compis. Alí tíñanme preparado un pequeno doce con dous patiños para soprar.
A noite correu coma un lince e cando cheguei a casa xa eran preto das 8 da mañá. Ás 11 xa estaba en pé porque tiñamos unha comuñón. O sono e a resaca apoderáronse de min dende que me levantei ata que me deitei e iso creo que aínda me fixo sentir máis nunha nube.
Abrín a porta da habitación e xa empecei a escoitar felicitacións.
-Vai onda o teu tío que che quere dar o regalo, dime miña tía.
Aínda coa vista borrosa, pasei o corredor e petei na porta. Estábame esperando cunha caixiña envolta en papel de regalo. A primeira vista parecía que o que había dentro era unha xoia. Axitei a caixa e as miñas impresións cambiaron ao ver que o obxecto se movía moito, ¿qué sería? A resposta foi inmediata porque abrín o paquetiño con ansia. Era a chave dun coche, o da miña tía, o Ford Fiesta azul mariño que tantos anos camiñou con ela. Ese co que perdeu o medo ao arte de conducir. “Agora tócame a min”, pensei cunha mestura de medo, incerteza e emoción. O cocktail de sentimentos impedíame reaccionar e facíame flotar máis na miña nube. Estaba apertando unha responsabilidade máis e sobre todo un reto: o de superar o meu medo a conducir. Buffffffffffff!!!!!
Nestes momentos continúo intentándoo, é algo que teño que vencer e contra o que loitar para que non me venza a min.
Tralo shock de pasar a ser propietaria dun vehículo de xeito repentino, soprei de novo as candeas. Desta vez durante o banquete da comuñón a que fomos. Foi unha felicitación improvisada, pero moi apañada. Nela alviscábase o cariño co que estaba feita e, como non, a miña vergoña ao ver que de súpeto case todos empezan a cantarme o cumpreanos feliz. Se non chegase a ter tanto sono creo que a timidez acabaría superándome. Miña irmá embadurnoume a cara con nata e eu intentei facer o mesmo coa dela. As fotos sacadas demóstrano. Intantes detidos en imaxes: as dese 8 de xullo de 2007.

No hay comentarios: