É todo. Expresar unha emoción, un sentimento, algo que queremos compartir... Ver o mundo dunha forma e mostrar cómo o vemos. Tamén é aprender.
Esta fin de semana agarrei algunha que outra clave para lograr unha mellor comunicación. A construción do discurso e a formación de portavoces foron eixos protagonistas.
Os ingredientes principais para conseguir eficacia resúmense en claridade, brevidade e...moi importante: naturalidade e seguridade nun mesmo. O certo é que son aplicables a todos os camiños de comunicación da vida, para seguir mirando adiante.
Estes dous días tamén me serviron para repasar momentos da facultade e momentos meus como ese proxecto de comunicadora que emerxe. Rebobinei a película das miñas intervencións en público, saquei a flote imaxes que non esperaba. Unha rapaza de 15 anos presentando o festival do colexio. A mesma que aos 16 no instituto tentaba explicar a uns cantos en qué consistía a vestimenta tradicional galega. Esa que aos 17 presentaba Let it be dos Beatles, para despois cantala nun auditorio cunha amiga...
Un ano despois ela empezaba a carreira de xornalismo, facía toma de contacto co micro dun locutorio de radio para darse a coñecer aos seus compañeiros. O mesmo que fixeron eles. Ese verán a Asociación Cultural Seixebra celebraba o seu primeiro festival e foi a súa tremorosa boca a que lanzou as palabras de todos os que son Seixebra.
Do segundo curso de carreira lembra con cariño aquela práctica do informativo de TV. Esa que xunto cun bo amigo ela se animou a presentar. Despois...desfile de entroido, máis festivais Seixebra...Ata que un día se viu nun escenario sorteando carneiros e dando a benvida á xente que ía a aquela festa. Algúns protestaban porque querían comer xa.
En terceiro, non olvidará o día que o seu grupo tiña concertada unha entrevista con Alvite e no último momento o entrevistado falla. Nesa práctica tocáballe a ela ser a conductora. Había que buscar a outro convidado e Bolseiro foi a salvación. Ela recorda con bo sabor esa conversa radiofónica porque se sentiu cómoda. Máis adiante, a súa voz tímida experimentaba no prólogo e epílogo dun festival de corais. O seu ton estivo máis serio naquela xuntanza de bandas na que tivo que rogar silencio e na que alguén entre o público lle chamou pesada. Diso tampouco se esquece.
Cando pensa en cuarto, é dicir, no curso pasado, vénlle á cabeza o día que lle tocou expoñer no auditorio da facultade o traballo que fixeran no seu grupo. Era sobre o Gabinete de comunicación da Consellería de Traballo. Aquí sente rabia dela mesma porque deixou que os nervios lle xogasen a mala pasada de tatexar e case non saber que dicir. Non foi boa para presentar as conclusións do traballo do seu grupo. Foi vítima do pánico escénico. Para sazonar con doce este erro, sorrí rememorando as prácticas de retransmisións na facultade. Cada un tiña un papel e debía improvisalo coma se fose unha retransmisión de TV real. Eran para achegarlos máis a esa arte de improvisación. Tamén houbo moitas risas.
Onte, tras facer un barrido mental destas experiencias, en distintos anacos do día, chegou o seu turno. Tocoulle facer unha exposición de tres minutos para a clase, mentres unha cámara a gravaba. Outros compañeiros fixeran roda de prensa, improvisación... Todos estaban con nervios, uns máis que outros. Ela sentíaos e loitou por pisalos porque se non, sabía o que lle ía suceder. Ao final, a experiencia resultou ser moi boa, pois todos comunicaron, cada un co seu estilo.
1 comentario:
bueno, bueno, tb es mi cumple el 19....pero no voy a decir nada al respecto xD, personajes k nacieron este dia...Mahoma, Janis Joplin, Edgar Alan Poe, Paul Cezzane, Ricardo Arjona, Mijatovic, James Watt yo y unos cuantos más Xd
Publicar un comentario