jueves, enero 31, 2008

PENTIMENTOS

Tras toda esta sesión de videos van sendo horas de escribir un pouco. Máis que nada, porque creo que a partir de agora o meu ronsel non vai deixar tanto rastro neste océano cibernético.

Estos días acordeime da autora estadounidense Lillian Hellman. Souben da súa escritura a través de Julia, a película de Fred Zinneman protagonizada por Jane Fonda e Vanessa Redgrave. De aí descubrín a palabra pentimento. Ese é o título da obra autobiográfica na que o director austríaco baseou o seu filme. Gústame como soa e tamén a xustificación da autora á hora de explicar o significado que ela lle dá :


Old paint on a canvas, as it ages, sometimes becomes transparent. When that happens it is possible, in some pictures, to see the original lines: a tree will show through a woman's dress, a child makes way for a dog, a large boat is no longer on an open sea. That is called pentimento because the painter "repented," changed his mind. Perhaps it would be as well to say that the old conception, replaced by a later choice, is a way of seeing and then seeing again. That is all I mean about the people in this book. The paint has aged and I wanted to see what was there for me once, what is there for me now.


As pinturas ó óleo sobre lenzo ó ir envellecendo fanse transparentes e así é posible ver en determinados cadros, os trazos orixinais. Aparecerá unha árbore a través dun vestido de muller, un neno deixará paso a un can, un barco deixará de estar en alta mar…A isto chámaselle pentimento, porque o pintor se arrepentiu, cambiou de idea. Quizais estaría ben dicir que o antigo concepto, substituído por outra idea é unha forma de ver e volver a ver. Iso é que quero mostrar coas persoas neste libro. A pintura envelleceu e eu quería ver que había nela para min nun principio e que hai nela para min agora.

É unha metáfora orixinal para dicir cómo "pintabamos" antes a unha persoa e cómo a "pintaríamos" agora. Porque o mundo e a xente cambia, nós cambiamos e ás nosas ideas tamén. De aí, ás veces, os pentimentos ou arrepentimentos.





3 comentarios:

Bautista dijo...

Menos mal que as primeiras impresións que temos das persoas non as temos que pintar nun cadro, porque entón... Entre o mal que pintamos algúns, e o moito que erramos...

Agardo que as túas futuras ausencias por aquí teñan recompensa. Sorte!

Bautista dijo...

Así que a Londres... Xa nos contarás do teu periplo. E disfruta moito!

Romano dijo...

Cariños desde Bs As,bonito blog,,,,