jueves, marzo 13, 2008

FRASE DO DÍA



In order to be able to find her, I first had to find myself




Esta é unha das frases que lin hoxe e que me apeteceu recoller. Pertence a The Zahir, de Paulo Coelho. É o libro que estou lendo para as miñas reading lessons. A verdade é que me está gustando, entre outras cousas porque unha das personaxes protagonistas é xornalista e porque de repente desaparece. A raíz da súa ausencia o seu home empeza a repasar a súa vida en parella, cómo vivían, cómo se coñeceron...

lunes, marzo 10, 2008

UNHA FIN DE SEMANA COMPLETIÑA

Eleccións seguro que é a palabra máis repetida desta fin de semana e se non o verbo elexir. Non só polas votacións para escoller presidente do goberno, senon tamén polas de candidato a Eurovisión. Menuda mestura!

Despois de tantos días de precampaña e campaña de Rajoy e Zapatero para chegar ao poder e de escoitar o Chiqui Chiqui do Chikilicuatre en cada sitio canto hai, as decisións están tomadas. Zapatero e Chikilicuatre.
Falo disto porque me fixo gracia algo que escribiu Gonzo o de CQC. Dicía algo asi como "La España del chiqui chiqui vota a Zapatero", non me lembro das palabras exactas e agora non as atopo.

A fin de semana tampouco se librou do terrorismo e o sangue dun ex concelleiro socialista tinxiu estes comicios. En pouco tempo moitas cousas.

Hoxe para min día de asimilar, de resaca electoral e de cansazo. Día de poucas palabras.

Bicoss

miércoles, marzo 05, 2008

DÍAS DE ADAPTACIÓN E POUCAS PALABRAS

Esta semana teño isto un pouco abandonado, pero é que aínda estou coa cabeza entre Salamanca e Vigo. De aí que non teña tempo para escribir, entre que me estou afacendo a estar aquí e unha cousa e outra...pouco ronsel. Estou dando os primeiros pasos por aquí.

Conto con que en breve as conversas escritas volvan.



miércoles, febrero 27, 2008

NEXT STOP: VIGO

Velaquí o meu novo destino, a nova travesía deste ronsel. Pensei volver a Compostela, pero ao final as circunstancias fixeron que tivese que ser Vigo. Luns empeza unha nova etapa de prácticas, distintas ás que levo feito.




miércoles, febrero 20, 2008

Hoxe estou cansa e con gana de pousar os pés na terra. Síntome algo lost e noto como o tempo e as circunstancias distancian ás persoas.
Mentrestanto as eleccións á volta da esquina. Dame a sensación de que levamos en campaña electoral moitos días e aínda está a piques de empezar.
Necesito unha canción, ¿apetécevos? Tócalle a Silvia Penide que estará mañán en Pontevedra e o 28 na Coruña. Reventaba.

lunes, febrero 18, 2008

DESPEDIDA EN PALABRAS

Esto no es más que un pequeño recordatorio de mi paso por Salamanca. No podía prescindir de él porque es una etapa más, otro tramo de la estela (ronsel) de este barco.
Además, estos cuatro meses han sido muy fructíferos para este blog. He escrito en él más de lo que imaginaba, de ahí que sienta ganas de dedicarle un post a estes last days in Salamanca.

De aquí, entre otras cosas, me quedo con el buen ambiente y colegueo del Máster y me llevo nuevas amistades. Todo un privilegio. Chic@s, espero que el buen rollo siga reinando entre vosotros y que la casualidad nos brinde algún encuentro. ¡Hasta luego y suerte a tod@s!


Foto de clase sacada por Juli. Diciembre 2007


sábado, febrero 16, 2008

LONDON


Foron moitos os pasos camiñados, as escaleiras de metro, frecuentes visitas a Chinatown, de celebración polo Novo Ano Chino. Stansted, Vitoria, Christopher Green, Portobello, Notting Hill, London Bridge, Tower Bridge, London Eye, Big Ben, parlamento, o Támesis, Picadilly, Trafalgar Square, Candem, Hyde Park, Buckingham...Son moitas as comas que teño que poñer, as paradas no camiño. De museos: Tate Britain, Tate Modern, Hayward Gallery. Nesta última Rodchenko esperaba a nosa visita. Os descansos de cafés Starbucks e de xeados de McDonalds tamén foron protagonistas deses días (8-13 febreiro 2008). Máis visitas no camiño: Southampton e Winchester. Moito diso queda no arquivo da memoria, incluso os olores característicos.

jueves, enero 31, 2008

PENTIMENTOS

Tras toda esta sesión de videos van sendo horas de escribir un pouco. Máis que nada, porque creo que a partir de agora o meu ronsel non vai deixar tanto rastro neste océano cibernético.

Estos días acordeime da autora estadounidense Lillian Hellman. Souben da súa escritura a través de Julia, a película de Fred Zinneman protagonizada por Jane Fonda e Vanessa Redgrave. De aí descubrín a palabra pentimento. Ese é o título da obra autobiográfica na que o director austríaco baseou o seu filme. Gústame como soa e tamén a xustificación da autora á hora de explicar o significado que ela lle dá :


Old paint on a canvas, as it ages, sometimes becomes transparent. When that happens it is possible, in some pictures, to see the original lines: a tree will show through a woman's dress, a child makes way for a dog, a large boat is no longer on an open sea. That is called pentimento because the painter "repented," changed his mind. Perhaps it would be as well to say that the old conception, replaced by a later choice, is a way of seeing and then seeing again. That is all I mean about the people in this book. The paint has aged and I wanted to see what was there for me once, what is there for me now.


As pinturas ó óleo sobre lenzo ó ir envellecendo fanse transparentes e así é posible ver en determinados cadros, os trazos orixinais. Aparecerá unha árbore a través dun vestido de muller, un neno deixará paso a un can, un barco deixará de estar en alta mar…A isto chámaselle pentimento, porque o pintor se arrepentiu, cambiou de idea. Quizais estaría ben dicir que o antigo concepto, substituído por outra idea é unha forma de ver e volver a ver. Iso é que quero mostrar coas persoas neste libro. A pintura envelleceu e eu quería ver que había nela para min nun principio e que hai nela para min agora.

É unha metáfora orixinal para dicir cómo "pintabamos" antes a unha persoa e cómo a "pintaríamos" agora. Porque o mundo e a xente cambia, nós cambiamos e ás nosas ideas tamén. De aí, ás veces, os pentimentos ou arrepentimentos.





E MAIS...

Aínda quedaban máis tomas e moitos de vós xa o sabiades. Aí van! Aquí poderemos ver de novo a Gayoso, a Farruco, Monti Castiñeiras, unha barbi, unha Pantoja...En fin unha variedade de personalidades. Bicoss

viernes, enero 25, 2008

AS TOMAS FALSAS DAQUELES DÍAS

Velaquí o prometido. Unha parte das tomas falsas das prácticas de TV da 13 promoción de xornalismo. Para que todos nos emocionemos soltemos bágoas, risos, gargalladas...
Grazas outra vez Carlos por subilas á rede!!!

jueves, enero 24, 2008

DE RUMORES E CANSAZO


La cantidad de rumores inútiles que un hombre puede soportar es inversamente proporcional a su inteligencia. Schopenhauer

A rumoroloxía foi a temática da clase de hoxe. É incrible como se pode transformar unha historia de boca en boca. Así se forman os rumores con perda de información, confusión, incerteza...Ás veces de forma inocente, outras intencionada... O que si é certo é que son inevitables e que hai que aprender a convivir con eles e afrontalos da mellor forma posible. Como dicía Juanma Lillo na aula, hai que ter presente que, alí onde esteamos, o conflicto é a regla e non a excepción.
O cansazo do día non me deixa escribir máis, pero non quero marchar sen deixar aquí isto, pois como a cousa vai de rumores...Un burdo rumor, de La Mandrágora (1981). A ver se así de paso tamén rides.

Pero como veo que por ser tu tan cotilla
va de boca en boca y es la comidilla
lalalalalala




martes, enero 22, 2008

"MENTIROSO MENTIROSO"

Meteoro y el señor conejo é tan só un aperitivo do terceiro álbum en solitario de Iván Ferreiro (Mentiroso mentiroso). O 25 de marzo estará nas tendas de discos, así que para ir abrindo o apetito...unha peza curta. A verdade é que é distinto ao que teño visto del, pero para saber do resto do disco... xa sabedes, a esperar. De momento eu quédome con Turnedo ou Abrázame, por exemplo.

domingo, enero 20, 2008

Porque merece a pena deixar este vídeo aquí. É o vídeo de despedida que se proxectou no noso acto de licenciatura. Xornalismo 2004-2007. Grazas Carlos por subilo á rede!!

sábado, enero 19, 2008

COMUNICAR

É todo. Expresar unha emoción, un sentimento, algo que queremos compartir... Ver o mundo dunha forma e mostrar cómo o vemos. Tamén é aprender.


Esta fin de semana agarrei algunha que outra clave para lograr unha mellor comunicación. A construción do discurso e a formación de portavoces foron eixos protagonistas.

Os ingredientes principais para conseguir eficacia resúmense en claridade, brevidade e...moi importante: naturalidade e seguridade nun mesmo. O certo é que son aplicables a todos os camiños de comunicación da vida, para seguir mirando adiante.

Estes dous días tamén me serviron para repasar momentos da facultade e momentos meus como ese proxecto de comunicadora que emerxe. Rebobinei a película das miñas intervencións en público, saquei a flote imaxes que non esperaba. Unha rapaza de 15 anos presentando o festival do colexio. A mesma que aos 16 no instituto tentaba explicar a uns cantos en qué consistía a vestimenta tradicional galega. Esa que aos 17 presentaba Let it be dos Beatles, para despois cantala nun auditorio cunha amiga...

Un ano despois ela empezaba a carreira de xornalismo, facía toma de contacto co micro dun locutorio de radio para darse a coñecer aos seus compañeiros. O mesmo que fixeron eles. Ese verán a Asociación Cultural Seixebra celebraba o seu primeiro festival e foi a súa tremorosa boca a que lanzou as palabras de todos os que son Seixebra.


Do segundo curso de carreira lembra con cariño aquela práctica do informativo de TV. Esa que xunto cun bo amigo ela se animou a presentar. Despois...desfile de entroido, máis festivais Seixebra...Ata que un día se viu nun escenario sorteando carneiros e dando a benvida á xente que ía a aquela festa. Algúns protestaban porque querían comer xa.


En terceiro, non olvidará o día que o seu grupo tiña concertada unha entrevista con Alvite e no último momento o entrevistado falla. Nesa práctica tocáballe a ela ser a conductora. Había que buscar a outro convidado e Bolseiro foi a salvación. Ela recorda con bo sabor esa conversa radiofónica porque se sentiu cómoda. Máis adiante, a súa voz tímida experimentaba no prólogo e epílogo dun festival de corais. O seu ton estivo máis serio naquela xuntanza de bandas na que tivo que rogar silencio e na que alguén entre o público lle chamou pesada. Diso tampouco se esquece.


Cando pensa en cuarto, é dicir, no curso pasado, vénlle á cabeza o día que lle tocou expoñer no auditorio da facultade o traballo que fixeran no seu grupo. Era sobre o Gabinete de comunicación da Consellería de Traballo. Aquí sente rabia dela mesma porque deixou que os nervios lle xogasen a mala pasada de tatexar e case non saber que dicir. Non foi boa para presentar as conclusións do traballo do seu grupo. Foi vítima do pánico escénico. Para sazonar con doce este erro, sorrí rememorando as prácticas de retransmisións na facultade. Cada un tiña un papel e debía improvisalo coma se fose unha retransmisión de TV real. Eran para achegarlos máis a esa arte de improvisación. Tamén houbo moitas risas.


Onte, tras facer un barrido mental destas experiencias, en distintos anacos do día, chegou o seu turno. Tocoulle facer unha exposición de tres minutos para a clase, mentres unha cámara a gravaba. Outros compañeiros fixeran roda de prensa, improvisación... Todos estaban con nervios, uns máis que outros. Ela sentíaos e loitou por pisalos porque se non, sabía o que lle ía suceder. Ao final, a experiencia resultou ser moi boa, pois todos comunicaron, cada un co seu estilo.


jueves, enero 17, 2008

La carencia

Yo no sé de pájaros,

no conozco la historia del fuego.

Pero creo que mi soledad debería tener alas.


Alejandra Pizarnik


Esta é a ración de versos de hoxe. Un día descubrinos de casualidade lendo Melodía de días usados, de Anxos Sumai.

martes, enero 15, 2008

VELOCIDADES ASASINAS

Hai unha febre que está crebando vidas sen sentido. O descontrol ao volante é unha dura amenaza. Espero que os culpables paguen caro, que se faga xustiza por aquelas persoas que de repente, un día, se viron sorprendidas por carreiras ilegais e foron vítimas.
A inconscencia duns foi a peor inimiga dos que xa non están. Por máis que intento atoparlle un sentido non o consigo: poñer en perigo a vida dos demais para divertirse eles. Non ven ao seu redor...¿Qué está pasando?
A esperanza é a xustiza; que os causantes cumplan duras penas e non se repitan máis feitos deste tipo, que se poderían ter evitado.

Case non me saen as palabras porque a ira non me deixa. Limítase a oprimirme o peito e a facerme un nó na gorxa.

domingo, enero 13, 2008

ISMAEL EN GALICIA E EU...


Escoitando a canción de Ismael Serrano que ten posta o meu veciño, lembro que este ano o cantautor de Vallekas vai dar catro concertos en Galicia. A cifra está moi ben de seguro que os galegos/as se quedarán ben con eses Sueños de un hombre despierto.

O 7 de febreiro estará na Coruña, o 8 en Ourense, o 9 en Pontevedra e o 10 en Vigo.


Vai ser que desta non o vou poder ver, porque o máis seguro é que ande por terras non españolas. Anque...será por concertos porque este cantautor aínda ten moitas cordas que romper!.
E cando me decato de como imos pasar por este
mundo sen deixar rastro despois de levar unhas vidas
estúpidas, comprendo con rabia que na vida o único
que queda é o amor.
ORHAN PAMUK: Neve

Este é o parágrafo que inaugura o conxunto de relatos de Agustín Fernández Paz: O único que queda é o amor. Por cada recomendación literaria que o autor fai nestas páxinas, podería facerse unha entrada de blog. Darían para un bo repertorio, mais eu so me limito a deixar a que nos sumerxe nas historias.

Xunto con isto, nunca sobra algunha referencia de Orhan Pamuk (1952). É un autor de Estambul, concretamente o primeiro turco en gañar un Premio Nobel. Foi no 2006. A súa obra está traducida a 34 idiomas.

miércoles, enero 09, 2008

Así nacen as baleas de Anxos Sumai é a lectura que me acompaña nestes primeiros días de 2008 . Hoxe estou cansa e non teño ánimos para teclear. Levo dous días diante do ordenador facendo un traballo, que por fin rematei.