domingo, enero 13, 2008

E cando me decato de como imos pasar por este
mundo sen deixar rastro despois de levar unhas vidas
estúpidas, comprendo con rabia que na vida o único
que queda é o amor.
ORHAN PAMUK: Neve

Este é o parágrafo que inaugura o conxunto de relatos de Agustín Fernández Paz: O único que queda é o amor. Por cada recomendación literaria que o autor fai nestas páxinas, podería facerse unha entrada de blog. Darían para un bo repertorio, mais eu so me limito a deixar a que nos sumerxe nas historias.

Xunto con isto, nunca sobra algunha referencia de Orhan Pamuk (1952). É un autor de Estambul, concretamente o primeiro turco en gañar un Premio Nobel. Foi no 2006. A súa obra está traducida a 34 idiomas.

1 comentario:

Bautista dijo...

O peor do que di Pamuk non é a ausencia de amor en determinados momentos da túa vida. Quizais é todavía máis triste caer na conta de que aquelo que pensabas que era amor, como o das pelis americanas, non se parecía nin por asomo.

Buff, hai que ver o profundos que nos poñemos nos blogs!