Parecíame axeitado colgar algunha fotiño da miña estancia en Dublín, de feito estes días lémbrome bastante. Foi toda unha experiencia dar algúns dos pasos do Ulises de Joyce, o tour veloz pola cidade do primeiro día, os picnics en San Stephens Green, a performance que alí vimos, a visita á fábrica de Guinnes onde quedaron colgadas algunhas das nosas frases, os paseos por Temple Bar, O Connel (quen o diría, pero alí había un Savoy e... con letras ben grandes). Era inevitable pasar por Grafton Street e escoitar a música dos violíns, as guitarras...Había que chegar ao final da rúa para ver a moza que alí nos esperaba coas súas cestas: Molly Mallone.
Estou segura de que nas nosas mentes tamén sobrevivirá o recordo do troncobusss jajaaj, si, ese vehículo que nos levou ata Galway, Connemara e os acantilados de Moher. Foi unha fin de semana intensa na "Irlanda profunda" con moitas horas de bus, pero tamén con moitas risas. As cancións de Decland animaron a viaxe de regreso (menuda vozz!!).
Belfast foi outra das cidades na que estivemos. Alí parte da historia está pintada nas paredes das casas (os murais). As diferencias entre os barrios católicos e protestantes aínda se respiraban no ambiente, sobre todo ao camiñar a carón do muro que os separaba.
Outros lugares e zonas de Dublín foron testemuñas das nosas pegadas. Son elas as que mellor saben dos solos irlandeses que tocaron.
A foto que aquí deixo é dos Moher Cliffs.
No hay comentarios:
Publicar un comentario