lunes, diciembre 24, 2007

"Whit a little help from my friends"

Porque me apetecía esta canción, aí vai, para matar o antollo. Seguro que vos lembrades da serie Aquellos maravillosos años.

Lend me your ears and I'll sing you a song
I´ll try not to sing out of key...


domingo, diciembre 23, 2007

Nestas datas este barco está en augas da Ría de Muros e Noia, concretamente de Louro. Non quería que pasase o tempo sen deixar aquí unha imaxe deste anaquiño marítimo e desta fermosa vista.

miércoles, diciembre 19, 2007

Por que... moitas das respostas ás nosas preguntas están no aire.
Esta é a miña canción de hoxe.

¿Por que estou aquí?

El éxito de nuestra compañía radica en la calidad de nuestra comunicación interna y externa
Teodoro Newton Wail, 1908.
Esta é unha frase que me parece axeitada para explicar o que estiven aprendendo nos últimos meses. A verdade é que a comunicación corporativa é un tema que me interesa e iso foi o que me trouxo ata Salamanca. Curioso, pero creo que ata o de agora non o explicara neste blog.
Hai unha semana acabei o meu primeiro plan de comunicación interna, un traballo para un dos módulos do curso de experto que estou a facer. É o inicio dun novo campo, do que na facultade, en Compostela, non vira nada.
A verdade é que tamén estou alucinando coa cantidade de utilidades que teñen as novas tecnoloxías neste ámbito. Ademais disto son máis os temas vistos que me parecen interesantes, pero...aquí queda isto.
Antes do punto e seguido de Nadal crin que era importante lembrarme de por qué estou aquí.
Bo Nadal a todos/as os que vexades os rastros deste ronsel!!!

martes, diciembre 18, 2007

O BRANCO DO NADAL

Salamanca amenceu branca. As folerpas bicaron o chan e así se vía un anaco da cidade hai unhas horas.


sábado, diciembre 15, 2007

ÁSPERO E SENTIMENTAL

Lembro que o día que falamos con el nos dixo que adoitaba decepcionar a aqueles que o coñecían en persoa. El é así, aparece e desaparece cando menos o esperas.
Noctámbulo infinito e malabarista de aforismos. Creador dun mundo que o salvou de moitas consultas de psiquiatra. Alvite e o Savoy, ese local rexentado por Ernie Loquasto. A metáfora e o insomnio nunha mesma persoa. Sinatra, unha das súas voces favoritas e o jazz unha das súas músicas.

No fume do Savoy camúflanse perdedores e pesimistas, un boxeador retirado, un xornalista, un barman, as coristas, os gángsters...Son os personaxes de Alvite. En todos eles hai un pouco do seu creador.

Preguntámoslle ao xornalista por qué ese nome para o local e dixo que o escolleu coma outro calquera. Comentounos que o cantautor Ismael Serrano lle mandaba unha foto cada vez que vía un Savoy. Dende que eu descubrín as historias deste xornalista xa foron varios os Savoys que vin. Un deles en Dublín. Ademais da anécdota tamén quixen rescatar a foto.


Hoxe lembreime desta conversa porque ordenando os meus documentos no ordenador atopei o arquivo sonoro daquela tarde en Milladoiro con José Luis Alvite. Foi en marzo de 2006, cando facía terceiro de xornalismo.

viernes, diciembre 14, 2007

Si se callase el ruido
oirías la lluvia caer
limpiando la ciudad de espectros,
te oiría hablar en sueños
y abriría las ventanas.
Si se callase el ruído
quizá podríamos hablar
y soplar sobre las heridas,
quizás entenderías
que nos queda la esperanza.
Si se callase el ruido (Ismael Serrano)
Tiña que poñer algunhas letras del aquí, pois xa tardaban en aparecer neste espazo. Esta é unha das cancións coas que pecho o día de hoxe. Será o segundo single de Sueños de un hombre despierto. Mentres non se estrena colgo aquí un vídeo dunha actuación na FNAC.


ANO NOVO EN SALAMANCA

Asi como se le. Xa é ano novo para os universitarios desta parte de Castela. Unha orquestra na Plaza Mayor e unha morea de xente animaban o cotarro. Ao dar as 12, case todos comían unha gominola por campanada ficticia. Si é que...xa parecía o fin de ano de toda a vida. Había que saltar ao ritmo da música para combater o único grao de temperatura que había ¡¡brrrr!! Xa sei que só é o principio.

martes, diciembre 11, 2007

DE PASO POLAS CRECHAS


Mércores, 5 de decembro. Chegada a Compostela ás 21:20, a néboa da noite construía unha escena típica da capital galega. Salamanca quedaba atrás por uns días.
Deixamos as maletas no piso das miñas compis, fomos cear e despois paseamos polas rúas do casco antigo. Respirábase a maxia da brétema no ambiente e a temperatura era perfecta para estar fóra. Algúns bares esperábannos e outros estaban cheos de xente.
A Casa das Crechas foi a primeira parada definitiva e o sitio máis axeitado para levar a alguén que vén do extranxeiro, por exemplo de Colombia, como a miña amiga. Alí pode verse moito do que somos os galegos. Son de pandeireta, baile, pingas de licor café...Todo é pouco para describilo, pero para min ésta foi a mellor inxección xunto coas caras coñecidas que non esperaba ver.

martes, diciembre 04, 2007

VÍSPERAS DE PONTE

Si, mañá a estas horas se todo segue no seu curso estarei chegando a Compostela. Pasarei esta ponte en Galicia e farei turismo para ensinarlle algunhas cousas a unhas amigas. Así e todo, espero aproveitar outras ocasións para viaxar a outras zonas do mundo...Ese gusaniño non hai quen mo quite e espero alimentalo.
Como estes días me apetece música...hoxe fago honra á cidade das estrelas con esa recoñecida canción de Luar na Lubre: Chove en Santiago.
A versión que fai con eles Ismael Serrano está moi ben. Recoméndovos escoitala. Eu aquí deixo a orixinal, porque da outra non hai videoclip.

domingo, diciembre 02, 2007

Morriña musical

Despois de escoitar as ferreñas da pandeireta e unhas boas voces no meu ordenador, foi inevitable sentir a morriña. Máis que morriña quizais sexa "mono" de golpeala pandeireta e de bailar ao son dela. Non era tan consciente diso ata que escoitei a música.
A última vez que agarrei a pandeireta foi no Carneiro ao Espeto, ¡hai catro meses! Si é que parece que xa se me olvida... ¿E qué serán dos puntos de Fonsagrada, Trasmonte, Pazos de Borbén e... o maneo de Bardáns? ¿Tereinos gardados ou xa fuxirían?
Supoño que en Nadal botarei algún baile para rememorar... De momento sigamos escoitando desta música. Velaquí Pepe Vaamonde Grupo e Aires de Montillón.

jueves, noviembre 29, 2007

"Para mí, el mayor placer de la escritura no es el tema que se trate, sino la música que hacen las palabras." Truman Capote


Hoy me parece difícil contar una historia, fíjate tú que hay días que salen solas. Este no es ese día. Yo puedo contar historias, pero me resulta más fácil hacerlo sin que me digan que lo haga. Ocupando la extensión que quiero, escribiendo frases de mi estilo, utilizando la lengua en la que mejor me expreso, un tema elegido por mi...Haciendo así y con inspiración, es fácil.
Lo difícil por ejemplo, es crear una historia en un trabajo de 30 positivas utilizando frases muy cortas. Palabras que lo digan todo, esquemas claros. Eso es lo que tenemos que hacer para entregar el lunes.
Es sencillo adaptar las cosas a uno mismo, pero no lo es tanto cuando tenemos que amoldarnos a unos parámetros. Eso en la vida sucede con todo.

Así como puedo expresar en lenguas diferentes también se puede hacer atendiendo a esas características impuestas, pero...¿cómo? Tranquis, compañeros de grupo, encontraremos la forma de escribir en las 30 diapositivas todo eso que queremos contar. Hay que buscar el hilo y coser los retales que tenemos.

P.D. El reto de esta historia sin historia ha sido escribir en castellano, comprobar que también soy capaz de expresar escribiendo así. Es cierto, si que expreso, pero no de la misma forma que lo hago en la lengua de la tierra que me vio nacer.
Ahora quiero que vosotros me digáis ¿cómo expreso mejor escribiendo? ¿en castellano o en gallego?


Los que me conoceis y leeis lo sabeis.

domingo, noviembre 18, 2007

Profesor: - Cuál es la imagen de Jaguar?

A empanada no seu mundo (Eu): - La pantera ésa.


Saíume así, da alma e de forma inconsciente. No momento xa me decatei e escachei a rir coma o resto dos meus compañeiros. A verdade é que a resposta é desas que quedan gravadas como a de "El corrón en el buceo" en lugar de dicir El correo en el buzón ou "El traguero me cajó la tarjeta", en vez de El cajero me tragó la tarjeta. É como cando dixen grágeas e non grajeas. Velaquí algunhas das miñas meteduras de pata que fan rir, pero tamén me fan pensar que ¡coidadiño, a ver onde as dis! A verdade é que son expresións dignas de rexistrar para que os demais se rían, anque sexan dunha. De seguro vos arrinco algunhas gargalladas.

domingo, noviembre 11, 2007

El sentido de la vida es cruzar fronteras. Ryszard Kapuscinsky
Esta é unha de tantas frases recolectadas. Gústame collelas e aplicalas a miña realidade particular. Non sabía moi ben qué escribir e foi o primeiro que me veu á cabeza. Véxoa moi acertada, todos cruzamos fronteiras e sobrevivimos nun mundo cheo de contradiccións.
Hoxe tamén penso en viaxar a lugares que quero, apetéceme moito. Quero buscar unha "escapada" para ver máis anaquiños de mundo, sentirme eu noutros lugares, facer deste ronsel algo máis longo con distintas compañías...Non sei como explicalo, pero é esa sensación de dicir "estou aquí" ou... "si, eu estiven alí".

jueves, noviembre 08, 2007

MURRUCHA

Despois de que algunha xente me preguntara qué significa Murrucha, decidín teclealo no Google. Ata agora para min era un nome cariñoso que me puxera miña tía cando eu era unha nena. Pensei que non existía nada máis con ese nome, pero estaba equivocada. Hai unha Murrucha en Mozambique. É un lugar na provincia de Zambézia. ¡Qué curioso!, é certo que hoxe me deito sabendo algo máis...

lunes, octubre 29, 2007

"¡Claro que sí!", me aseguró la señora Collier, tiene algo. Es una adorable criatura.

"Una adorable criatura". Retratos. Truman Capote


Domingo foi tarde de cinema e libros. Cassandra´s dream a película escollida, con final característico de Woody Allen, o director (of course!). Retratos, de Truman Capote, o libro que decidín mercar na feira salmantina. Todo porque ao ver a portada (O autor acompañado de Marilyn Monroe) lembreime daquel relato lido na clase e recomendado por Neira Cruz en segundo de xornalismo. "Una adorable criatura", pensei. Ese era o título do capítulo no que Capote calcaba co seu puño o encontro coa actriz mito. Mirei o índice e...efectivamente alí estaba xunto ás "Observations" de Pablo Picasso, Coco Chanel e outros.
A verdade é que foi un último día de semana ben aproveitado e sempre está ben ter compañía. Polo menos para min, pois este tipo de cousas normalmente non as fago soa. É coma ter que comer fóra sen ninguén con quen falar. Fíxeno varias veces e foi por que non me quedou remedio. Síntome unha estraña.

Onte foi un día de estar na casa e hoxe, sen embargo o día escollido para coñecer a facultade de comunicación da Pontificia. Tiven que ir alí a buscar a miña tarxeta universitaria. Teñen moitas aulas de laboratorio (multimedia, edición, publicidade...). Pensei que ese sería o edificio no que realizaría o curso de experto, pero por sorte tocoume no principal, moito máis céntrico. Despois foi turno do inglés, levo tres sesións no Centro Británico, pois non quero perder as palabriñas que trouxen frescas de Dublín. Ademais gústame o profesor, que salado é, non sabe nada de español e iso dalle máis sabor ao asunto.

Agora veño de ver como un compañeiro sopraba as candeas. Cantámoslle o cumpreanos en versión española, colombiana, arxentina e tamén en brasileiro. Porque non o hai en neerlandés que se non tamén había quen llo cantase. A estancia alí foi breve, a xusta para degustar uns doces e brindar. Mañá toca madrugar porque Madrid espera. Será unha visita relámpago, por iso non avisei a familiares e amigos (tocará outra vez con máis tempo).

Chega o momento de despedirse tras despistar o sono e chamar á impaciencia da viaxe á capital.
Bicos de menta!

sábado, octubre 27, 2007

CON OUTRA COR NO HUMOR

As augas deste océano xa están máis calmadas e o meu humor cambiou de cor. A rabia minguou, anque sigo sen ter médico de cabeceira en Galicia. Si...así como sona, dunha forma tonta e por un malentendido fixen a tarxeta sanitaria de Castela e León e quedei sen a galega. Agora vanme asignar aquí un médico. Case me da algo cando me entero de que non pertenzo á sanidade galega. Foi coma unha xerra de auga fría porque pensei que o que me estaban facendo era unha tarxeta sanitaria de desprazada. Equivocárame e aquí tampouco se molestaron en explicarme que podía facer para facerme cunha tarxeta de desprazada e non cunha da comunidade.


Onte comencei un módulo novo no curso e tivemos cambio de profesor. Estamos dando comunicación interna, o que me resulta interesante, anque ás veces algún profesor fai que a clase sexa moi densa (as da tarde lévoas costa arriba!). As clases desta semana xa quedaron atrás.


Acabo de chegar de saír, pero iso si, non entrei na casa sen cambiar antes a hora. Ás tres da madrugada eran as dúas.

É curioso, pero antes de virme decateime de que era a única española do grupo. Estaba con dúas colombianas, dúas brasileiras, unha uruguaia e unha arxentina. Quen me ía dicir a min que me ía xuntar cun mapa de Latinoamérica. A verdade é que é moi enriquecedor , o meu vocabulario e a miña lista de expresións estanse agrandando. Xa estou empezando a asimilar palabras arxentinas como saco (xersei), puchos (cigarrillos), pollera (falda), campera (gabardina), boludo, pelotudo... expresións como ¿que hasés?, en lugar de ¿como estás? Tamén das colombianas como mesera (camarera), churro (que está de bo ver, tío bueno), baina (cousa), pernil (zanco), chévere... Alí para dicir que alguén é moi majo usan a expresión "es muy querido". Coma estas, moitas outras, que agora a miña memoria non logra xuntar, anque só é cuestión dun pouquiño máis de tempo para facelas máis "miñas" e lembralas.


Continuarei navegando noutros océanos á vez que me acostumo ao frío que empeza a aterrar en Salamanca.


jueves, octubre 25, 2007


É incrible o que pode cambiar o humor en segundos, pero hoxe teño gana de mandar todo á puta merda. Pregúntome a qué carallo vin aquí, porque ás veces, nin falando o mesmo idioma nos entendemos. Agora mesmo collía as maletas e volvía para a miña casa, sei polo que o digo e ao mellor outro día pode parecer unha tontería, pero hoxe aféctame especialmente, ata o punto de querer marchar de aquí . Hoxe síntome menos "da miña casa" e iso dóeme.

miércoles, octubre 24, 2007

DÍA DE GABARDINA

Hoxe caeron pingas, como o día en que cheguei aquí. Levaba sen chover vinte días e hoxe a cor gris foi a dona do ceo. A xente sacou os seus paraugas á rúa. Eu decidín poñer os pés sobre o pavimento mollado e ir facer uns recados. Tras unha ida pola Compañía cunhas botas que me lastimaban e unha espera inútil na facultade, decidín que a volta a casa ía ser antes do pensado. Non me apetecía ser partícipe da paisaxe chuviosa, porque sentía que pronto se podía transmitir ao meu humor.
Foi unha xornada sen xugo por iso quixen amañala un chisco cun zume de melón e cítricos acompañado de palabras.
Unha stop na travesía para seguir con Tabucci e La cabeza perdida de Damasceno Monteiro.

martes, octubre 23, 2007


Seis horas de autobús de Compostela a Salamanca cunden moito, sobre todo para pensar en mil e unha cousas ou sinxelamente durmir. A monotonía do traxecto provócame un sono case instantáneo. Durmo, esperto, volvo a durmir, volvo a espertar…así ata que canso e decido escoitar música ou a radio. En ler xa nin penso, porque me mareo coa mesma facilidade coa que aperto a Pedro Chosco.
Outra das miñas aficións neste traxecto é fixarme nalgúns dos outros pasaxeiros e imaxinarme como son as súas vidas. Pode resultar moi extraño, pero creo que é un bo exercicio para manter viva á tola da casa*, unha das miñas mellores compañeiras. Desta vez non me fixo tanta falta crear historias no aire, pois houbo alguén disposto a intercambiar a súa coa miña.

Mentres esperaba polo autobús na estación de Santiago, outro mozo facía o mesmo, parecía impaciente pola espera. Levaba algo semellante a unha maleta e unha bandoleira. Sentía curiosidade por saber qué contía, pois non era unha maleta coma calquera outra. Pronto ía sabelo sen facer preguntas, pois a impaciencia do mozo podía co meu querer saber máis e rompeu co silencio da espera.
- ¿Vas a Salamanca?
- Si, respondín.
O frío que sentía facía que o tempo pasase máis lento, pero apenas cruzamos esas palabras, o autobús chegou.
El non soltou a equipaxe nin para deixala no maleteiro e así deducín que aquela maleta contiña algo importante.
Foi nunha das paradas do traxecto cando souben o que coidaba con tanto mimo. Era un saxo. O seu amigo de viaxe- pensei-. Curioso, ¿certo? e máis aínda, cando me dixo que o mercara en París e que só levaba dous días con el. ¡Como para non coidalo!, díxenme a min mesma.
Notábase que lle gustaba o que facía e que no saxofón e na música estaba o seu futuro. Admiro que teña tan clara a súa meta e que vaia firme na súa procura. París foi tan só un paso no camiño. Alí, despois de probar varios saxos, atopou o que mellor ía co seu xeito de tocar. Atopou ao seu acompañante de melodías e dunha traxectoria da que xa ten moito andado, pois non é fácil estar tan seguro do que un quere ser.


* Rosa Montero na súa obra La loca de la casa, designa con este nome á imaxinación.