jueves, noviembre 08, 2007

MURRUCHA

Despois de que algunha xente me preguntara qué significa Murrucha, decidín teclealo no Google. Ata agora para min era un nome cariñoso que me puxera miña tía cando eu era unha nena. Pensei que non existía nada máis con ese nome, pero estaba equivocada. Hai unha Murrucha en Mozambique. É un lugar na provincia de Zambézia. ¡Qué curioso!, é certo que hoxe me deito sabendo algo máis...

lunes, octubre 29, 2007

"¡Claro que sí!", me aseguró la señora Collier, tiene algo. Es una adorable criatura.

"Una adorable criatura". Retratos. Truman Capote


Domingo foi tarde de cinema e libros. Cassandra´s dream a película escollida, con final característico de Woody Allen, o director (of course!). Retratos, de Truman Capote, o libro que decidín mercar na feira salmantina. Todo porque ao ver a portada (O autor acompañado de Marilyn Monroe) lembreime daquel relato lido na clase e recomendado por Neira Cruz en segundo de xornalismo. "Una adorable criatura", pensei. Ese era o título do capítulo no que Capote calcaba co seu puño o encontro coa actriz mito. Mirei o índice e...efectivamente alí estaba xunto ás "Observations" de Pablo Picasso, Coco Chanel e outros.
A verdade é que foi un último día de semana ben aproveitado e sempre está ben ter compañía. Polo menos para min, pois este tipo de cousas normalmente non as fago soa. É coma ter que comer fóra sen ninguén con quen falar. Fíxeno varias veces e foi por que non me quedou remedio. Síntome unha estraña.

Onte foi un día de estar na casa e hoxe, sen embargo o día escollido para coñecer a facultade de comunicación da Pontificia. Tiven que ir alí a buscar a miña tarxeta universitaria. Teñen moitas aulas de laboratorio (multimedia, edición, publicidade...). Pensei que ese sería o edificio no que realizaría o curso de experto, pero por sorte tocoume no principal, moito máis céntrico. Despois foi turno do inglés, levo tres sesións no Centro Británico, pois non quero perder as palabriñas que trouxen frescas de Dublín. Ademais gústame o profesor, que salado é, non sabe nada de español e iso dalle máis sabor ao asunto.

Agora veño de ver como un compañeiro sopraba as candeas. Cantámoslle o cumpreanos en versión española, colombiana, arxentina e tamén en brasileiro. Porque non o hai en neerlandés que se non tamén había quen llo cantase. A estancia alí foi breve, a xusta para degustar uns doces e brindar. Mañá toca madrugar porque Madrid espera. Será unha visita relámpago, por iso non avisei a familiares e amigos (tocará outra vez con máis tempo).

Chega o momento de despedirse tras despistar o sono e chamar á impaciencia da viaxe á capital.
Bicos de menta!

sábado, octubre 27, 2007

CON OUTRA COR NO HUMOR

As augas deste océano xa están máis calmadas e o meu humor cambiou de cor. A rabia minguou, anque sigo sen ter médico de cabeceira en Galicia. Si...así como sona, dunha forma tonta e por un malentendido fixen a tarxeta sanitaria de Castela e León e quedei sen a galega. Agora vanme asignar aquí un médico. Case me da algo cando me entero de que non pertenzo á sanidade galega. Foi coma unha xerra de auga fría porque pensei que o que me estaban facendo era unha tarxeta sanitaria de desprazada. Equivocárame e aquí tampouco se molestaron en explicarme que podía facer para facerme cunha tarxeta de desprazada e non cunha da comunidade.


Onte comencei un módulo novo no curso e tivemos cambio de profesor. Estamos dando comunicación interna, o que me resulta interesante, anque ás veces algún profesor fai que a clase sexa moi densa (as da tarde lévoas costa arriba!). As clases desta semana xa quedaron atrás.


Acabo de chegar de saír, pero iso si, non entrei na casa sen cambiar antes a hora. Ás tres da madrugada eran as dúas.

É curioso, pero antes de virme decateime de que era a única española do grupo. Estaba con dúas colombianas, dúas brasileiras, unha uruguaia e unha arxentina. Quen me ía dicir a min que me ía xuntar cun mapa de Latinoamérica. A verdade é que é moi enriquecedor , o meu vocabulario e a miña lista de expresións estanse agrandando. Xa estou empezando a asimilar palabras arxentinas como saco (xersei), puchos (cigarrillos), pollera (falda), campera (gabardina), boludo, pelotudo... expresións como ¿que hasés?, en lugar de ¿como estás? Tamén das colombianas como mesera (camarera), churro (que está de bo ver, tío bueno), baina (cousa), pernil (zanco), chévere... Alí para dicir que alguén é moi majo usan a expresión "es muy querido". Coma estas, moitas outras, que agora a miña memoria non logra xuntar, anque só é cuestión dun pouquiño máis de tempo para facelas máis "miñas" e lembralas.


Continuarei navegando noutros océanos á vez que me acostumo ao frío que empeza a aterrar en Salamanca.


jueves, octubre 25, 2007


É incrible o que pode cambiar o humor en segundos, pero hoxe teño gana de mandar todo á puta merda. Pregúntome a qué carallo vin aquí, porque ás veces, nin falando o mesmo idioma nos entendemos. Agora mesmo collía as maletas e volvía para a miña casa, sei polo que o digo e ao mellor outro día pode parecer unha tontería, pero hoxe aféctame especialmente, ata o punto de querer marchar de aquí . Hoxe síntome menos "da miña casa" e iso dóeme.

miércoles, octubre 24, 2007

DÍA DE GABARDINA

Hoxe caeron pingas, como o día en que cheguei aquí. Levaba sen chover vinte días e hoxe a cor gris foi a dona do ceo. A xente sacou os seus paraugas á rúa. Eu decidín poñer os pés sobre o pavimento mollado e ir facer uns recados. Tras unha ida pola Compañía cunhas botas que me lastimaban e unha espera inútil na facultade, decidín que a volta a casa ía ser antes do pensado. Non me apetecía ser partícipe da paisaxe chuviosa, porque sentía que pronto se podía transmitir ao meu humor.
Foi unha xornada sen xugo por iso quixen amañala un chisco cun zume de melón e cítricos acompañado de palabras.
Unha stop na travesía para seguir con Tabucci e La cabeza perdida de Damasceno Monteiro.

martes, octubre 23, 2007


Seis horas de autobús de Compostela a Salamanca cunden moito, sobre todo para pensar en mil e unha cousas ou sinxelamente durmir. A monotonía do traxecto provócame un sono case instantáneo. Durmo, esperto, volvo a durmir, volvo a espertar…así ata que canso e decido escoitar música ou a radio. En ler xa nin penso, porque me mareo coa mesma facilidade coa que aperto a Pedro Chosco.
Outra das miñas aficións neste traxecto é fixarme nalgúns dos outros pasaxeiros e imaxinarme como son as súas vidas. Pode resultar moi extraño, pero creo que é un bo exercicio para manter viva á tola da casa*, unha das miñas mellores compañeiras. Desta vez non me fixo tanta falta crear historias no aire, pois houbo alguén disposto a intercambiar a súa coa miña.

Mentres esperaba polo autobús na estación de Santiago, outro mozo facía o mesmo, parecía impaciente pola espera. Levaba algo semellante a unha maleta e unha bandoleira. Sentía curiosidade por saber qué contía, pois non era unha maleta coma calquera outra. Pronto ía sabelo sen facer preguntas, pois a impaciencia do mozo podía co meu querer saber máis e rompeu co silencio da espera.
- ¿Vas a Salamanca?
- Si, respondín.
O frío que sentía facía que o tempo pasase máis lento, pero apenas cruzamos esas palabras, o autobús chegou.
El non soltou a equipaxe nin para deixala no maleteiro e así deducín que aquela maleta contiña algo importante.
Foi nunha das paradas do traxecto cando souben o que coidaba con tanto mimo. Era un saxo. O seu amigo de viaxe- pensei-. Curioso, ¿certo? e máis aínda, cando me dixo que o mercara en París e que só levaba dous días con el. ¡Como para non coidalo!, díxenme a min mesma.
Notábase que lle gustaba o que facía e que no saxofón e na música estaba o seu futuro. Admiro que teña tan clara a súa meta e que vaia firme na súa procura. París foi tan só un paso no camiño. Alí, despois de probar varios saxos, atopou o que mellor ía co seu xeito de tocar. Atopou ao seu acompañante de melodías e dunha traxectoria da que xa ten moito andado, pois non é fácil estar tan seguro do que un quere ser.


* Rosa Montero na súa obra La loca de la casa, designa con este nome á imaxinación.

lunes, octubre 08, 2007

A MIÑA MENTE CHAMA POR VÓS


Por moi estraña que sone a frase coa que titulo esta entrada, creo que ten algo de certo.
Levo en Salamanca cinco días e atopeime con dúas persoas que coñezo. Á primeira íalle mandar unha mensaxe para quedar con ela porque me acordei de que estaba estudiando aquí, pero ao final non fixo falta. Ao día seguinte atopeina na cafetería da facultade. No momento de vela, non foi necesario que dixera nada, a súa cara expresábao todo, facíaselle raro verme en Salamanca, pois ata agora só me vira en Compostela e non sabía que eu me viña para terras de Castela. Eu tampouco esperaba vela alí, entre outras cousas porque era sábado.
Ao outro atopeino hoxe subindo a rúa Ramón y Cajal e ten gracia, porque xustamente lle enviara un mail esta tarde para informalo da miña chegada. Mentres tecleaba, pensaba "so faltaría que esta tarde o atopase na rúa" e...xa vedes que así foi. Se non chego a escoitar o meu nome non o vía, porque ía falando entretida cunha compañeira.
Despois do desta tarde, o primeiro que me veu á mente foi unha frase que me dixo unha das miñas compañeiras cando lle contei que me atopara cunha amiga de Compostela. "Alba, la llamaste con la mente".
Agrádame que así fose, atoparme con xente á que quería ver e máis cando estás en terreo que aínda non é moi coñecido.
Por aquí seguirei camiñando, pero agora unha parada incerta e unha lectura: "La amante en guerra", de Maruja Torres.

viernes, octubre 05, 2007

Rememorando días atrás


Parecíame axeitado colgar algunha fotiño da miña estancia en Dublín, de feito estes días lémbrome bastante. Foi toda unha experiencia dar algúns dos pasos do Ulises de Joyce, o tour veloz pola cidade do primeiro día, os picnics en San Stephens Green, a performance que alí vimos, a visita á fábrica de Guinnes onde quedaron colgadas algunhas das nosas frases, os paseos por Temple Bar, O Connel (quen o diría, pero alí había un Savoy e... con letras ben grandes). Era inevitable pasar por Grafton Street e escoitar a música dos violíns, as guitarras...Había que chegar ao final da rúa para ver a moza que alí nos esperaba coas súas cestas: Molly Mallone.

Estou segura de que nas nosas mentes tamén sobrevivirá o recordo do troncobusss jajaaj, si, ese vehículo que nos levou ata Galway, Connemara e os acantilados de Moher. Foi unha fin de semana intensa na "Irlanda profunda" con moitas horas de bus, pero tamén con moitas risas. As cancións de Decland animaron a viaxe de regreso (menuda vozz!!).

Belfast foi outra das cidades na que estivemos. Alí parte da historia está pintada nas paredes das casas (os murais). As diferencias entre os barrios católicos e protestantes aínda se respiraban no ambiente, sobre todo ao camiñar a carón do muro que os separaba.

Outros lugares e zonas de Dublín foron testemuñas das nosas pegadas. Son elas as que mellor saben dos solos irlandeses que tocaron.
A foto que aquí deixo é dos Moher Cliffs.

jueves, octubre 04, 2007

É A QUENDA DE SALAMANCA

Pois si, aquí cheguei onte pasadas as cinco da tarde. Hoxe á mañá tocoulle camiñata por alguhas rúas. Funlle facer unha visita ao astronauta e a rá da catedral e como non á Plaza Mayor. Hoxe pola tarde toca empezar o curso e... a ver que tal vai.
Tratarei de escribir máis por aquí e tamén con máis calma. De momento deixo de teclear, porque...estou escasa de palabras, vaia vaia...

Por terras de Castela León seguirei "navegando".

viernes, septiembre 21, 2007

DIA DE DESPEDIDAS

Tras tres semanas por aqui, hoxe toca despedirse. As tres semanas pasaron voando e para non decepcionar a ninguen, o tempo de Irlanda quixo facer honra a sua fama e agora chove o que non choveu no tempo que levo aqui. Creo que e a forma que o weather ten de dicirnos adeus ou...ata a proxima.

jueves, septiembre 20, 2007

E despois de pubs...


Onte foi noite de pubs here in Dublin. Fomos ao mais antigo da cidade, o Brazen Head. Escoitamos musia tradicional, como non. Un dos meus English teacher dixome que a musica tradicional irlandesa lle recordaba a de Galicia. Eu dixenlle que si tiñan cousas en comun e concentreime naquela alegre melodia e no sabor da Guinnes.


Os plans desta tarde creo que son volver a Howth a ver acantilados e as focas. O domingo fun, pero choveunos tanto que so chega

os ao faro, vimos as focas e non chegamos aos cliffs, vaia. Sinceramente...xa empezo a estar apatica de mais visitas, pero weno, hai q aproveitar o pouco tempo que queda por aqui.

lunes, septiembre 17, 2007

Only four days here


Yes, xa so me quedan catro dias de Dublin. O balance ata agora foi moi bo. Topei con boa spanish people, o caracter dos irlandeses tamen e bo en xeral e unha das mellores cousas: visitei moitos lugares. Isto ultimo era algo que desexaba facer. Galway, Moher Cliffs, Connemara, Howth and of course different places os Dublin city. Velaqui unha mostra do galegenglish ou castrapenglish como eu lle chamo as veces jajajaja.

Hoxe estivemos no que foi o carcere de Kilmainham. Ali gravouse a pelicula "En el nombre del padre".

Maña quizais iremos ao castelo de Malahide, a ver onde acaban os nosos pes, esta por ver.... Espero contar mais desta travesia irlandesa nos sucesivos di

miércoles, septiembre 12, 2007

POR IRLANDA ANDAMOS

Por fin decido deixar unhas palabriñas desde Dublin. E unha cidade distinta, pero como digo eu sempre, lle hai que buscar o seu encanto. Cal? Os pubs, a musica tradicional e que 'e unha cidade pequena. Vaia so escribin tres liñas, pero e tempo de marxar, a proxima deixarei algunha foto por aki.

viernes, agosto 31, 2007

UN ANO DE PENSAMENTOS ESCRITOS


Quen o diría!, pero este ronsel xa ten 365 días de existencia. Non é moi coñecido, pero o que me importa é escribir nel de cando en vez. Espero seguir deixando rastro por máis tempo, anque neste intre non teño moito máis que dicir, só que estou un chisco impaciente por estar en Dublín instalada. A ver se as tres semanas de estancia por alá dan de sí para contar...


Ata a próxima

jueves, agosto 30, 2007

AGASALLOS DE CUMPREANOS

Pensei que non ía escribir máis entradas ata chegar a Dublín, pero equivoqueime. Onte tiven outra cena en Santiago e con regalos incluídos, vaia, vaia...

Grazas nenas, por tódolos artiluxios haha!! (un pano, unha camiseta, un espello, uns pendientes, un bolso, chapas e... unha cartolina con dedicatorias). Non teño fotos...pero se consigo algunha de onte, non dubidarei en colgala.

bicossss de mar

miércoles, agosto 29, 2007

Bye Red Jackets, bye August


Acabaron as camiñatas de agosto polo casco vello de Compostela. Hoxe foi o meu último día de chaqueta vermella. Quixen aproveitar esa oportunidade, entre outras cousas para facer de turista nas miñas horas libres e aprender nun mes o que non aprendín en catro anos de estudiante en Compostela. Fun a algún que outro museo ao que nunca fora, fixen un tour nocturno pola cidade das estrelas e quedeime con aspectos curiosos que ata hai pouco descoñecía. Para min isto... foi coma unha especie de despedida a eses catro anos de universidade e creo que a mellor maneira de facelo era afondar na cidade un chisco máis.


Aquí deixo unha foto da cena dos "chaquetas". Estou segura que esa noite ningún dos que están na aí se perdería, pois... ¿para que están os mapas da oficina de turismo? jajajaja. Ese día levabamos encima máis de un.

lunes, agosto 27, 2007

ANTES DE DUBLÍN E DESPOIS DE COMPOSTELA


A verdade é que o verán cundiu. Concretamente os días de agosto que quedan atrás foron unha experiencia diferente. Quero escribir un pouco sobre iso antes de marchar a Dublín. Dentro de cinco días, se todo vai polo seu debido curso, estarei a piques de coller un avión para pisar chan irlandés.
Agosto foi o meu mes como “chaqueta vermella”, algo así como un punto ambulante de información da oficina de turismo de Santiago de Compostela. Andamos polo casco vello de Santiago para botar unha man a aqueles turistas que o necesitan. Preguntas do tipo: “Ademais da catedral… ¿Qué se pode ver en Santiago?, ¿Onde se obtán a Compostela?, ¿Qué albergues hai en Santiago?, ¿Por onde queda a rúa….?, ¿Onde hai un ciber? ou ¿Onde podo deixar a miña equipaxe/bici?” eran as máis frecuentes. Coma estas, outras tantas cuestións e algunhas delas moi peculiares. Tampouco faltaron aquelas ás que lle tiñamos que botar un chisco de imaxinación para saber respondelas.
A miña intención sendo chaqueta vermella, era practicar un pouco máis o inglés para ir acostumbrando este oído chosco e empezar a tirar para adiante na conversa!! Ademais quería facer algo diferente e así andiven. Decateime de que case todos os días podía emerxer unha boa historia, anédotas para contar nun caderno de bitácora ou porqué non, nunha reportaxe. É na rúa onde residen as historias e foi aí onde descubrín o meu mono por contar e afondar nalgunhas personalidades. En numerosas ocasións sentín curiosidade por algunhas das persoas que nos falaban. Estou segura de que serían bos para unha entrevista.
En fin, espero que a próxima entrada sexa dende Dublín.

jueves, agosto 02, 2007

CASE UN MES DE 22

Soplei dúas veces as candeas. A primeira ás doce da noite, xusto cando comezaba o 8 de xullo. Nin pola cabeza se me pasara que puideran darme esa sorpresa.
Comecei o día pisando merda, sí así de literal, pero como di a canción de Serrat, “que dicen que pisar mierda da buena suerte”. Así de ben sonaba nove días despois do meu aniversario na Plaza de Touros de Pontevedra na voz dos dous paxaros íntimos. Un verso que me fixo recordar ese 8 de xullo, un día bastante surrealista, ou especial diría eu.
Despois de meter o pe naquel noxento “pastel” e limpar o zapato todo o que puiden, regresei ao lugar no que estaban os meus compis. Alí tíñanme preparado un pequeno doce con dous patiños para soprar.
A noite correu coma un lince e cando cheguei a casa xa eran preto das 8 da mañá. Ás 11 xa estaba en pé porque tiñamos unha comuñón. O sono e a resaca apoderáronse de min dende que me levantei ata que me deitei e iso creo que aínda me fixo sentir máis nunha nube.
Abrín a porta da habitación e xa empecei a escoitar felicitacións.
-Vai onda o teu tío que che quere dar o regalo, dime miña tía.
Aínda coa vista borrosa, pasei o corredor e petei na porta. Estábame esperando cunha caixiña envolta en papel de regalo. A primeira vista parecía que o que había dentro era unha xoia. Axitei a caixa e as miñas impresións cambiaron ao ver que o obxecto se movía moito, ¿qué sería? A resposta foi inmediata porque abrín o paquetiño con ansia. Era a chave dun coche, o da miña tía, o Ford Fiesta azul mariño que tantos anos camiñou con ela. Ese co que perdeu o medo ao arte de conducir. “Agora tócame a min”, pensei cunha mestura de medo, incerteza e emoción. O cocktail de sentimentos impedíame reaccionar e facíame flotar máis na miña nube. Estaba apertando unha responsabilidade máis e sobre todo un reto: o de superar o meu medo a conducir. Buffffffffffff!!!!!
Nestes momentos continúo intentándoo, é algo que teño que vencer e contra o que loitar para que non me venza a min.
Tralo shock de pasar a ser propietaria dun vehículo de xeito repentino, soprei de novo as candeas. Desta vez durante o banquete da comuñón a que fomos. Foi unha felicitación improvisada, pero moi apañada. Nela alviscábase o cariño co que estaba feita e, como non, a miña vergoña ao ver que de súpeto case todos empezan a cantarme o cumpreanos feliz. Se non chegase a ter tanto sono creo que a timidez acabaría superándome. Miña irmá embadurnoume a cara con nata e eu intentei facer o mesmo coa dela. As fotos sacadas demóstrano. Intantes detidos en imaxes: as dese 8 de xullo de 2007.

miércoles, julio 04, 2007

DOUS PAXAROS QUE VOAN ALTO



Empeza a conta atrás para ver como voan estes dous amigos da guitarra. O 14 e o 17 de xullo poderemos velos en Santiago e Pontevedra. Polo momento, as críticas de "Dos pájaros de un tiro" son moi boas. Anque as traxectorias de Sabina e Serrat xa o evidencian.


Estou desexando velos!!!!

VELAÍ A DESPEDIDA



Creo que xa van sendo horas de dedicar unhas palabriñas a catro anos que xa forman parte do pasado. Máis vén isto é unha especie de última copla dunha canción para despois empezar outra.


Hai case dous meses estabamos todos no acto de licenciatura, decorando cun broche o que foi a nosa andaina pola facultade de Ciencias da Comunicación. Imaxes, palabras e sorpresas serviron para resumir o noso paso polo edificio de Siza.


Agora supoño que a maioría estará con prácticas, saudando a unha nova etapa e aínda convalecentes deste último ano de carreira. Estou segura de que a moitos nos pasou moi rápido. Nunca mellor dito foi unha carreira.




Ata a próxima fuxida navegantes e sorte nas vosas respectivas travesías!!